InicioSucesosInmobilizado en Vigo un patinete eléctrico que alcanzaba unha velocidade de 43...

Inmobilizado en Vigo un patinete eléctrico que alcanzaba unha velocidade de 43 km/h

A normativa estipula que non debe superar os 25. Verificouse tamén que carecía dunha etiqueta identificativa e que dispuña dun sillín incorporado, o que motivou que se confeccionase unha denuncia por infrigir a normativa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un patinete eléctrico foi inmobilizado en Vigo despois de que axentes da Policía Local comprobasen que alcanzaba unha velocidade 43 quilómetros por hora e de que o seu condutor non puidese acreditar que era o seu propietario.

Segundo trasladaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar na rúa Brasil sobre as 23:52 horas deste domingo, cando unha patrulla observou un vehículo de mobilidade persoal (VMP) que circulaba a gran velocidade.

Por este motivo, identificouse o condutor, domiciliado en Vigo e de 32 anos de idade, e realizouse un exame do patinete eléctrico. Así, comprobouse que alcanzaba unha velocidade máxima de 43 quilómetros por hora a pesar de que a normativa estipula que non debe superar os 25. Verificouse tamén que carecía dunha etiqueta identificativa e que dispuña dun sillín incorporado, o que motivou que se confeccionase unha denuncia por infrigir a normativa.

Dado que o seu condutor non puido acreditar que era o propietario do vehículo e non dispuña dunha factura na que se puidesen comprobar as súas características técnicas, procedeuse a inmobilizar o patinente eléctrico e a trasladalo ao depósito municipal.

ÚLTIMAS

Almuiña retira as competencias de Urbanismo ao edil de Baiona investigado pola Fiscalía

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, retirou as competencias de Urbanismo, Patrimonio e...

Vigo aproba o retranqueo dos colectores de Balaídos para ampliar Tribuna cara ao Mundial 2030

O goberno de Vigo aprobará finalmente este venres o proxecto para o retranqueo dos...

A investigación polo accidente mortal no Saltamontes de Matamá encara a súa recta final

A investigación xudicial do accidente mortal ocorrido na atracción Saltamontes, en agosto de 2024,...

Un estudo do IEO investiga as especies causantes de floracións de algas nocivas nas Rías Baixas

Un equipo do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO, CSIC),...