InicioEconomíaA Xunta licita melloras na contorna dos hospitais Meixoeiro e Nicolás Peña...

A Xunta licita melloras na contorna dos hospitais Meixoeiro e Nicolás Peña de Vigo

A conselleirade Infraestruturas remarcou que se busca reforzar a "seguridade viaria" e a accesibilidade aos espazos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta licitou este luns unha serie de actuacións de mellora da pavimentación e a sinalización das contornas dos hospitais Meixoeiro e Nicolás Peña de Vigo por máis de 700.370 euros.

Nun acto de presentación desta iniciativa realizado en Vigo, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, detallouno deste xeito e concretou que se espera que as obras se inicien antes deste verán.

Ademais, Ethel Vázquez indicou que o prazo de execución se estimou en seis meses, polo que se espera que a actuación finalice este ano, e que as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 9 de marzo.

Deste xeito, a conselleira remarcou que se busca reforzar a “seguridade viaria” e a accesibilidade nas contornas hospitalarias, así como favorecer a “mobilidade” dos pacientes e profesionais sanitarios. Tamén incidiu no feito de que as obras se planificaron cos traballadores dos hospitais co obxectivo de minimizar as interferencias na actividade dos centros.

ACTUACIÓNS

En concreto, avanzou que se renovará o firme de varios viarios interiores da zona dos hospitais, habilitaranse 23 pasos de peóns, melloraranse varias beirarrúas e reordenaranse espazos nas entradas dos centros.

Así, a conselleira precisou que as actuacións que levarán a cabo nas inmediacións do Hospital Meixoeiro comprenderán tamén a creación dun novo viario para facilitar o acceso de vehículos pesados que transportan subministracións.

Adicionalmente, a titular autonómica de Infraestruturas explicou que se mellorarán o aparcadoiro do Hospital Nicolás Peña e os itinierarios peonís da zona. Así mesmo, melloraranse as sinalizacións e repoñeranse elementos como valos e bolardos.

Posteriormente, destinaranse 50.000 euros á realización de obras complementarias de acondicionamento dos accesos e a optimización da sinalización do antigo hospital do Rebullón que levarán a cabo na primavera.

ÚLTIMAS

Detidos dous veciños de Salamanca por estafa en compras ‘online’

O equipo de investigación tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Garda Civil...

Vigo acende este sábado o seu Nadal con 12 millóns de luces

Vigo acenderá este sábado as luces de Nadal ás 20.00 horas baixo a árbore...

Vigo xa ten o seus orzamentos aprobados 350 millóns, co rexeitamento de PPdeG e BNG

O pleno do Concello de Vigo deu luz verde este venres á aprobación inicial...

Intervidos no porto de Vigo tres colectores con 60.000 bolsos falsificados destinados a unha empresa portuguesa

Axentes do servizo fiscal da Garda Civil de Pontevedra e funcionarios de Aduanas incautáronse...