InicioEconomíaO Brexit en Galicia: está preparado Citroën Vigo? Que pasará coa frota?

O Brexit en Galicia: está preparado Citroën Vigo? Que pasará coa frota?

As empresas galegas están "expectantes" á espera de que frutifique un acordo comercial, mentres segue a "incerteza" para a frota.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As principais empresas galegas móstranse “expectantes” ante o futuro do Brexit tras a saída formal do Reino Unido da UE o pasado 1 de febreiro, á espera de que frutifique un acordo comercial.

Dado que en 2020 existe un período de transición ata finais de ano, as compañías non agardan dificultades durante este exercicio mentres se negociará nos próximos meses a relación que manterán Reino Unido e UE a partir de 2021. O obxectivo é conseguir que non haxa un Brexit duro que implique consecuencias prexudiciais como aranceis e aumento de custos.

Entre xaneiro e novembro de 2019, 503 compañías galegas venderon os seus produtos no mercado británico por un total de 1.400 millóns de euros.

CITROËN VIGO EXPORTA MÁIS DO 10% A REINO UNIDO

Por parte da planta de Citroën en Vigo trasládase a Europa Press que o mercado británico supón “entre un 10% e un 12%” das vendas ao exterior e “practicamente” non hai importacións. Na fábrica realízase o Vauxhall Combo, a marca británica de Opel.

“Na planta de Vigo non temos un plan de continxencia especial”, explican, xa que se supedita á estratexia a nivel global que adopte o Grupo PSA. O feito é que o Grupo PSA conta con dúas fábricas en Reino Unido e en función “de como acabe a situación adoptaranse medidas dun tipo ou outro, pero é pronto para anticipalas”.

“INCERTEZA” NA FROTA

“Seguimos tendo incerteza pensando que se pode producir un Brexit duro se chegado o 31 de decembro non se alcanzou un acordo”, explica a Europa Press o presidente dos armadores de Vigo (ARVI), Javier Touza.

Confía en que se chegue a un acordo pesqueiro para que a frota comunitaria poida faenar en augas británicas e que estea vinculado ao libre comercio para Reino Unido na UE. “De pouco lle serve (a Reino Unido) ter as súas augas se non teñen onde vender”, razoa.

Subliña que Reino Unido vende o 70% da súa produción na UE. Pon de exemplo que “o 90% da produción de salmón” que se consome na Unión Europea procede de Escocia, polo que “son os primeiros interesados en que ese produto no que son líderes poida seguir continuando nas canles habituais”.

Así, apunta en que “non se lle ve” intención ao Goberno británico en aplicar unha prórroga ao acordo pesqueiro. Por iso, espera que ambas as partes poñan “os seus mellores esforzos” para que a 1 de xullo estea pechado un acordo de pesca estable, que é “imprescindible” para a distribución de cotas para 2021.

Sobre as expectativas para o 2021, destaca que o negociador europeo no Brexit, Michel Barnier, “é un bo coñecedor dos problemas da pesca”, polo que será “unha liña vermella e un punto prioritario na negociación”, aínda que se prevé que sexa unha das cuestións de “maior fricción”.

Ademais, fai fincapé en que “ata agora” os 27 traballaron “de maneira absolutamente uniforme”, o que lles dá “máis forza”. “Agora é o momento de que os negociadores e políticos”, di, “para unha boa relación de veciñanza futura e frutífera para ambas as partes”.

Podes ler a reportaxe completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo un home acusado de abusos sexuais continuados a unha menor

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Un ano de prisión por apropiarse de equipos dunha emisora para revender en tendas de segunda man

A Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebra este mércores 28 de...

O xulgado solicita á Policía Local información e documentos sobre o ‘Saltamontes’ no que morreu un mozo en 2024

O xulgado de instrución 3 de Vigo, que investiga o accidente sucedido en agosto do...

Alento celebra o seu 25 aniversario elaborando “a tortilla máis grande da historia de Vigo”

A Asociación de Dano Cerebral Alento celebrará este sábado, 25 de maio, o seu 25 aniversario cunha festa...