InicioSociedadeO PP vigués reclama a Audasa que devolva o diñeiro das peaxes...

O PP vigués reclama a Audasa que devolva o diñeiro das peaxes aos condutores atrapados nos colapsos de Rande

O PSOE recomenda aos condutores gardar seus recibos das peaxes, xa que, se a partir do venres ogobernan en España, o novo Executivo "tomará medidas, como retrotraer a subida da peaxe ou levantar as barreiras nos atascos".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Así, a portavoz do grupo popular, Elena Muñoz, presentou unha moción na que insta a Fomento a incoar un expediente sancionador á empresa e a tomar medidas para obrigarlle a garantir a seguridade e fluidez do tráfico en Rande.

Así mesmo, reclama a Audasa que culmine as obras pendentes en horario con menor densidade de circulación, que devolva o custo das peaxes pagas polos condutores que quedaron atrapados e que levante as barreiras das cabinas cando haxa colapsos.

Elena Muñoz sinalou que o PP vigués remitiu unha carta á empresa para exporlle as súas reclamacións, sen que a situación mellorase, e recoñeceu como “incuestionable” que hai “atascos sistemáticos e intolerables”.

Rande
A Nova ponte de Rande / Miguel Núñez

O pleno do Concello de Vigo aprobou este mércores, en sesión ordinaria, dúas mocións (presentadas por PP e PSOE) nas que instan á concesionaria da AP-9, Audasa, e ás administracións competentes, a tomar medidas ante os continuos colapsos provocados polas obras na ponte de Rande.

A moción foi aprobada cos votos favorables de PP e Marea, e a abstención do PSOE, que non apoiou o acordo ao rexeitar os populares unha emenda encamiñada a esixirlles ao ministro de Fomento e ao presidente da Xunta que “pidan desculpas” aos condutores que sufriron e seguen sufrindo os problemas en Rande.

PROPOSTA DO PSOE

Pola súa banda, o grupo socialista presentou outra moción moi similar, na que reclaman a Xunta e Fomento que se desculpen cos usuarios da autoestrada, e esíxenlle á concesionaria un plan de actuación para previr e minimizar os atascos.

David Regades lamentou que o Goberno non lle esixa á concesionaria que cumpra as súas obrigacións, e criticou que o presidente Feijóo non interveña a pesar de que esta “ultraxe” se vive a diario nunha ponte dunha autoestrada que está en Galicia.

O edil socialista aseverou ademais, que, se a partir do venres o PSOE goberna en España (se consegue apoios á moción de censura contra Rajoy), o novo Executivo “tomará medidas, como retrotraer a subida da peaxe ou levantar as barreiras nos atascos”. Así mesmo, animou aos condutores a gardar os seus recibos da peaxe, convencido de que “a Xustiza lles dará a razón”.

Rande dende Golf Domaio
Dende o campo de Golf de Domaio: panorámica de Rande / Miguel Nuñez

O portavoz de Marea, Rubén Pérez, sinalou que tanto PSOE como PP son “corresponsables” dos problemas en Rande. Os primeiros, polo convenio asinado en época de José Blanco, que permitiu a subida da peaxe vinculada á obra de ampliación de Rande; e os segundos, por vetar a transferencia da AP-9 e non exercer o control sobre a concesionaria. Ao seu xuízo, “a única solución” a estas alturas, é o “rescate” da autoestrada.

A moción do grupo socialista foi aprobada cos votos favorables de PSOE e Marea. O PP, alegando que a iniciativa foi presentada fóra de prazo e estábase vulnerando o regulamento, optou por non intervir no debate e non votar, polo que o alcalde, Abel Caballero, deu por unánime o acordo (ao ser positivos tódolos votos emitidos).

ÚLTIMAS

O Xulgado critica a falta dun plan de inspeccións de atracións do concello de Vigo tras o accidente do ‘Saltamontes’

O xulgado de instrución número 3 de Vigo, que investiga as circunstancias do accidente...

Vigo prepara o seu Nadal masivo: novo plan de tráfico con tres niveis segundo a afluencia

O Concello de Vigo presentou este martes o plan de tráfico que rexerá durante...

A escritora viguesa An Alfaya, Premio Laxeiro 2026

O padroado da Fundación Laxeiro decidiu outorgar o Premio Laxeiro 2026 á escritora viguesa...

Investigan a morte dun home nunha nave abandonada en Vigo

A Policía Nacional abriu unha investigación para esclarecer as circunstancias da morte dun home,...