InicioPolíticaFeijóo afirma que o modelo privatizador do Álvaro Cunqueiro era "a única...

Feijóo afirma que o modelo privatizador do Álvaro Cunqueiro era “a única posibilidade” en plena crise

Defende a súa calidade asistencial e instalacións e afirma que o obxectivo é ter hospitais así "en todas as cidades".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, insistiu este xoves en que o modelo elixido polo goberno galego para construír o hospital vigués Álvaro Cunqueiro (un modelo concesional, con xestión privada de servizos non sanitarios e co pago dun canon anual por parte da administración) era “a única posibilidade” de facer realidade este centro sanitario en cinco anos e en plena crise.

Así o manifestou tras ser preguntado sobre o malestar dalgúns colectivos, que denuncian que se vancometer ampliacións e outras melloras noutros hospitais con financiamento público e non privado como se fixo na cidade olívica.

“Todo o mundo sabe que en época de crise a única posibilidade de facer un hospital en cinco anos era o sistema que usamos, por certo, a proposta do goberno de Zapatero, para poder construílo cumprindo os criterios de déficit público”, afirmou, e lembrou que o novo hospital era necesario, dado que o antigo Hospital Xeral xa non permitía “atender xente con dignidade”.

Ante as críticas, o presidente galego lamentou que haxa xente “que non lle guste ter un bo hospital na súa cidade”, pero matizou que “son unha inmensa minoría”.

HOSPITAIS COMO O DE VIGO “EN TODAS AS CIDADES”

“Aos cidadáns da Coruña gustaríalles ter o hospital que teñen en Vigo, e aos de Ourense e Pontevedra. A todos gustaríalles poder ter este hospital e gozar desta calidade asistencial e destas instalacións”, proclamou Núñez Feijóo, quen engadiu que “o obxectivo do Sergas é ter hospitais como o de Vigo en todas as cidades”.

Finalmente, o presidente galego lembrou as “mentiras” e “disparates” que se dixeron do hospital Álvaro Cunqueiro, como que é “privado”, algo “falso”; e sinalou que mesmo se chegou denunciar ao hospital (por parte do Concello de Vigo debido á falta de pagamento do IBI) e unha sentenza “ratifica que é tan do Sergas como calquera outro”.

“En política, a verdade sempre vence á mentira”, advertiu, e criticou que haxa xente a quen lle moleste o “éxito” do hospital Álvaro Cunqueiro. “Eu estou moi satisfeito co éxito do hospital Álvaro Cunqueiro, porque é o éxito dos cidadáns de Vigo de boa fe, que son a inmensa maioría”, resolveu.

ÚLTIMAS

PP ve o adianto electoral a “mellor para España” e BNG cre que é unha “oportunidade” de “apoio masivo”

O PP de Vigo cre que o adianto electoral anunciado por Pedro Sánchez este...

Eleccións.- Caballero afirma que o PSOE “sae a gañar” e acusa a Feijóo de non resolver o problema da vivenda

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, vaticinou que a oposición terá "castigo" por ser...

O alcalde de Vigo: “Sánchez fará o que mellor lle conveña a España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestou que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez,...

Tensión tras as ameazas dun home armado cun machete en Vigo

Un home armado cun machete xerou momentos de tensión en Vigo tras un incidente...