InicioPolíticaO PSOE ve "escandaloso" que a Xunta actúe sobre a iluminación da...

O PSOE ve “escandaloso” que a Xunta actúe sobre a iluminación da Ponte de Rande

"Moi poucas luces debe haber na Xunta para anunciar así estas luces", chanceou a socialista Patricia Vilán.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A viceportavoz parlamentaria do Grupo Socialista, Patricia Vilán, preguntouse “que competencias” ten a Xunta de Galicia sobre a ponte de Rande para presentar os proxectos que aspiran a iluminar esta infraestrutura.

Nunha rolda de prensa celebrada este xoves no Pazo do Hórreo, Vilán acusou o Partido Popular de perseguir “réditos electorais” co concurso para iluminar a ponte da AP-9 sobre a ría de Vigo, cuxos finalistas foron presentados nun acto celebrado esta semana polo número dous da Xunta, Alfonso Rueda, a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, e a delegada do Goberno autonómico na cidade olívica, Corina Porro.

“Que facían estas tres persoas facendo anuncios sobre a futura iluminación de Rande?”, preguntouse a parlamentaria socialista, que cre “escandaloso” que o Executivo autonómico que preside Alberto Núñez Feijóo anuncie actuacións sobre unha infraestrutura sobre a que non ten competencias.

“Noutros sitios, anunciar luces atrae persoas. Igual a Xunta considera que anunciar luces lle vai supor un rédito electoral”, engadiu Vilán, que ve no acto do pasado luns “un novo paso” na “escalada de deslealdade institucional” na que, di, está instalado o Executivo autonómico respecto ao Goberno central.

Así as cousas, o Grupo Socialista rexistrou iniciativas parlamentarias nas que piden á Xunta que aclare “de onde” obtivo a información sobre o concurso e “cantos fondos” achega ao proxecto, xa que, como lembrou Vilán, a titular de Infraestruturas sinalou que o Goberno galego se abría a colaborar economicamente sen precisar cantidades.

“Moi poucas luces debe haber na Xunta para anunciar así estas luces”, espetou a deputada do PSdeG, que ironizou con que o goberno de Núñez Feijóo quere converterse “no campión das luces”.

ÚLTIMAS

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...