InicioSociedadeDenunciado por circular sen carné, sen seguro e coa ITVE caducada

Denunciado por circular sen carné, sen seguro e coa ITVE caducada

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo cursaron varias denuncias contra un veciño da cidade, A.P.C., de 43 anos de idade, ao que sorprenderon conducindo un coche que non tiña seguro e coa ITV caducada, e co agravante de que el mesmo tiña o carné caducado desde facía dous anos.

Segundo informaron fontes policiais, efectivos da Unidade Executiva, encargada buscar e controlar vehículos embargados ou abandonados, localizou un coche que levaba varios días estacionado no mesmo sitio, e tiña signos de estar abandonado.

Os axentes puideron comprobar que o citado vehículo carecía de seguro obrigatorio desde facía 7 meses e tiña a ITV caducada desde facía algo máis dun ano. Por iso, procederon a iniciar os trámites para a súa retirada.

Tras realizar estas xestións administrativas, ao volver ao lugar para marcar o coche, atopáronse con que xa non estaba alí, senón que alguén o movera para estacionalo nas proximidades.

ÚLTIMAS

Hospitalizado un mozo de 17 anos tras ser agredido con arma branca no Entroido de Hío

Un mozo de 17 anos, veciño de Vigo, tivo que ser hospitalizado na noite...

A Cátedra Ardán sitúa a Interfish España como un alicerce estratéxico para a economía

A Cátedra Ardán, impulsada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Universidade...

Detido un home en Vigo por agredir e romperlle o beizo a unha muller en plena rúa

Un home, H.J.R. de 40 anos de idade, foi detido o pasado sábado en...

Temor no sector naval pola escaseza de persoal cualificado

O secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, valorou este martes o "bo momento" da...