InicioSociedadeUn xulgado de Vigo condena á Xunta a abonar o IPC galego...

Un xulgado de Vigo condena á Xunta a abonar o IPC galego a unha funcionaria

O xuíz indicou que se trata dunha "situación xurídica individualizada" na que se aborda o "primeiro pleito resolto nesta comunidade autónoma sobre o particular".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo condenou á Xunta recoñecer o abono do Índice de prezos ao consumidor (IPC) galego a unha funcionaria e a ingresarlle o importe correspondente á suma do mesmo durante o cinco anos posteriores á data da reclamación, ademais dos intereses xerados.

A sentenza, contra a que cabe recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), resolve así o recurso presentado por unha traballadora de xestión procesual da Administración de Xustiza ante a desestimación por resolución do director xeral de Xustiza en agosto de 2019 dunha solicitude presentada para recibir o abono do IPC galego.

Ademais, o xuíz indicou que se trata dunha “situación xurídica individualizada” na que se aborda o “primeiro pleito resolto nesta comunidade autónoma sobre o particular”. Así, apuntou que, dadas “as serias dúbidas de dereito que a nova cuestión controvertida expón”, non cabe efectuar unha condena en costas ao Goberno galego.

Os fundamentos xurídicos da sentenza recollen que, aínda que o concepto retributivo foi contemplado en gastos de persoal de orzamentos autonómicos, o persoal da Administración de Xustiza de Galicia “non percibiu en ningún momento” o abono do IPC galego. Deste xeito, o titular do xulgado tamén considerou que o feito de que a transferencia do persoal da Administración de Xustiza desde o Estado á comunidade autónoma fose posterior á creación do IPC galego “non impide” a súa aplicación aos funcionarios.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...