InicioEconomíaA cátedra ARDÁN centra as súas investigacións no factor humano das empresas

A cátedra ARDÁN centra as súas investigacións no factor humano das empresas

Poñerá atención a ámbitos como a xestión do talento e impusará unha ferramenta 'en liña' de mellora, baseada no indicador de igualdade de xénero.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O sistema de información empresarial ARDÁN ampliará os seus campos de investigación para abordar o impacto do factor humano dentro das empresas, con atención a ámbitos como a xestión do talento, ou impulsando unha ferramenta ‘en liña’ de mellora, baseada no indicador de igualdade de xénero.

Así se trasladou este luns, tras a firma dun convenio entre o delegado do Estado en Zona Franca, David Regades, e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa.

Na institución académica viguesa, un equipo de investigadores, ao cargo da cátedra ARDÁN, traballan desde 2018 na mellora da competitividade das empresas, na xeración de valor engadido e identificando actividades e sectores de alto potencial de desenvolvemento.

Co acordo escenificado este luns amplíanse as investigacións centradas “no factor humano”, como destacou David Regades, quen lembrou que, a día de hoxe, “as persoas son o elemento determinante e diferencial da sustentabilidade a longo prazo das compañías”.

Así, haberá un novo indicador no sistema ARDÁN, o de xestión do talento, que permitirá analizar os procesos das empresas para atraer, formar, motivar e reter o talento. Así mesmo, desenvolverase unha ferramenta ‘en liña’, baseada na composición do indicador de igualdade de xénero, para que as empresas poidan avaliar a súa situación e establecer pautas de mellora.

O reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, fixo énfase no alto nivel dos equipos investigadores desta cátedra, pertencentes ao grupo ECOBAS, e que configuran “a mellor agrupación estratéxica” de Galicia, que están a sentar as bases para captar talento foráneo.

Por outra banda, Zona Franca de Vigo confirmou que o próximo mes de marzo se presentará o Ranking de Empresas Intelixentes de Galicia, coa publicación da listaxe de compañías que son capaces de combinar de forma eficiente a súa capacidade de crear valor cun modelo de crecemento económico sustentable e inclusivo.

ÚLTIMAS

Vigo presenta o seu Entroido 2026 coa orquestra París de Noia e o desfile de comparsas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este luns a programación municipal para as...

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...