InicioPolíticaCaballero reclama retomar o proxecto do túnel en Beiramar: "Carril bici si,...

Caballero reclama retomar o proxecto do túnel en Beiramar: “Carril bici si, pero túnel tamén”

Segundo criticou o alcalde, a iniciativa caeu no esquecemento coa chegada de Feijóo á Xunta: "tres campañas electorais enganando á cidade".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, aplaudiu o proxecto de Xunta e Porto de facer un carril bici desde Praza da Estrela ata a Praza da Conserva, pero reclamou que se recupere o proxecto (que data do 2009) de construír un túnel e transformar a Avenida de Beiramar nun espazo peonil.

Así o trasladou nunha rolda de prensa, na que lembrou que o goberno bipartido de PSdeG e BNG proxectou ese túnel e a transformación do viario en superficie. Segundo criticou, a iniciativa caeu no esquecemento coa chegada de Feijóo á Xunta, aínda que o PP a anunciou en sucesivos períodos electorais. “Tres campañas electorais enganando á cidade”, censurou o rexedor.

Ante o anuncio de que Porto e Xunta habilitarán un carril bici por toda a fachada portuaria, Abel Caballero expresou que esa actuación é do seu agrado, pero advertiu de que non se pode intercambiar un proxecto de decenas de millóns de euros, como era o túnel e a peonalización, por unha actuación “de 200.000 euros”. “Carril bici si, pero túnel tamén”, apostilou.

“Eu non renuncio a ese proxecto, esta cidade xa non renuncia a nada”, proclamou Abel Caballero, quen volveu lembrar que a Xunta construíu o túnel do Parrote na Coruña e, da actuación de Beiramar, “nin se sabe nin se espera”.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...