InicioSociedadeDetido un veciño de Vigo por agredir a súa exparella, da que...

Detido un veciño de Vigo por agredir a súa exparella, da que ten orde de afastamento

Foi a chamada dun veciño a que alertou á Policía de que se podía estar producindo no edificio un episodio de violencia de xénero.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un veciño da cidade, M.C., de 44 anos de idade e nacionalidade eslovaca, como presunto autor dun delito de violencia de xénero, por agredir a súa exparella, da que tiña en vigor unha orde de afastamento.

Segundo informaron fontes policiais, un veciño de Tomás Alonso chamou ao 092 na madrugada do xoves tras escoitar un forte ruído procedente dun domicilio do seu mesmo edificio, e sospeitar que se trataba dun episodio de violencia de xénero.

Unha dotación policial trasladouse de inmediato á zona e, ao chegar, os axentes atopáronse cunha muller na vía pública, con cortes no nariz, e contusións no pómulo e cella esquerdos.

Segundo relatou a vítima, facía uns días retomara a relación coa súa exparella (o suposto agresor), que ten en vigor unha orde de afastamento dela, pero esa mesma noite decidira marchar do domicilio.

O home tratou de impedirllo, suxeitándoa fortemente pola roupa, zarandeándoa e golpeándoa na cara. Finalmente, a muller logrou fuxir e saír á rúa, onde foi atopada polos policías.

A vítima foi trasladada en ambulancia a Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro, mentres que os axentes se entrevistaron co presunto autor da agresión, que seguía no domicilio. O sospeitoso manifestou que a súa exparella estaba “tola” e que rompera ” todo” na vivenda, onde podían verse restos de sangue no chan e desorde.

Tras estes feitos, e despois de verificar que a orde de afastamento segue en vigor, os axentes procederon á detención deste veciño da cidade por un suposto delito de violencia de xénero e outro de quebrantamento de condena.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...