InicioEconomíaPSA reorganiza as direccións das súas marcas Citroën e DS

PSA reorganiza as direccións das súas marcas Citroën e DS

O grupo busca maior coherencia e sinerxías entre as súas marcas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Grupo PSA reorganizou a dirección das súas marcas Citroën e DS co nomeamento de Vincent Cobee e de Béatrice Foucher como os seus directores xerais, mentres que os actuais responsables pasarán a analizar a diferenciación e as posibles sinerxías entre as marcas do consorcio.

Segundo informou a corporación que preside Carlos Tavares, a actual directora xeral de Citroën, Linda Jackson, deixa o seu posto desde este mesmo mércores para dedicarse a liderar un estudo para clarificar e impulsar a diferenciación entre as marcas e da oferta de produto de cada unha delas.

Este traballo centrarase en establecer mensaxes coherentes para a separación e identificación de cada firma, á vez que tamén buscará que exista unha diferenciación entre as gamas de vehículos que ofrecen.

Por mor desta decisión corporativa, Jackson será substituída como directora xeral de Citroën polo actual subdirector xeral, Vicent Cobee, que conta cunha ampla experiencia nos mercados internacionais.

Pola súa banda, o actual director xeral de DS, Yves Bonnefont pasará a ser o responsable dun estudo dentro do Grupo PSA orientado a detectar as potenciais sinerxías dentro da oferta de produto de cada marca.

Bonnefont traballará para identificar e definir o posicionamento de cada unha das firmas do consorcio desde o punto de vista do cliente e tendo en conta a distribución xeográfica. Esta investigación tamén estará orientada a atopar novas sinerxías.

Á fronte de DS, o directivo será substituído por Béatrice Foucher, que exercía na actualidade como subdirectora xeral e que ten un amplo coñecemento no campo de produto e de vehículo eléctrico.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...