InicioSucesosIntoxicadas dúas persoas polo fume dun incendio orixinado na súa casa en...

Intoxicadas dúas persoas polo fume dun incendio orixinado na súa casa en Vigo

Ao parecer, todo se debeu a unha tixola que comezou a arder.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas a un centro hospitalario ao intoxicarse co fume dun pequeno incendio que se orixinou na súa vivenda de Vigo.

Dos feitos informou o 112 Galicia, que foi alertado sobre o sucedido preto das 11,00 horas deste domingo. Nese momento, os servizos sanitarios tiveron que trasladar ao hospital a estas dúas persoas que presentaban síntomas de intoxicación.

Ao parecer, todo se debeu a unha tixola que comezou a arder e afectou á campá extractora da cociña. Cando chegaron os Bombeiros de Vigo para atallar o incendio, xa estaba extinguido e só tiveron que ventilar a estancia para eliminar o fume.

Pola súa banda, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladaron as dúas persoas desde a vivenda situada en Travesía de Vigo ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

ÚLTIMAS

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...