InicioSociedadeRaquel Gallego, psicóloga: "As agresións de fillos a pais é unha tendencia...

Raquel Gallego, psicóloga: “As agresións de fillos a pais é unha tendencia que crece cada ano”

Galicia pechou 2018 con 238 casos de violencia filioparental denunciados, 23 máis que o ano anterior.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os casos de fillos que agriden os seus pais son cada vez máis frecuentes tanto en Galicia como en España. Con todo, a violencia filioparental segue sendo un fenómeno pouco visible na sociedade, din os expertos, quen tamén apuntan a que unha das claves para solucionalo é a comunicación.

Segundo os datos do Ministerio Fiscal, este tipo de violencia afectou en 2018 a 238 familias en Galicia, que tomaron a decisión de denunciar os seus fillos despois de ser agredidos física, verbal, psicolóxica ou economicamente nalgunha ocasión. Esta cifra supera á rexistrada en 2017, cando 215 persoas denunciaron estes malos tratos na Comunidade.

Tomar a decisión de acusar xudicialmente ao teu fillo “sempre é unha tarefa delicada”, explicou a Europa Press a psicóloga da Fundación Amigó de Vigo, Raquel Gallego. Esta profesional traballa na organización viguesa e dedícase a mediar nos conflitos entre fillos e pais.

A súa función pasa por escoitar ambas as partes e abordar o problema desde a terapia conductual, é dicir, achegando “ferramentas” para modificar o comportamento dos fillos e dos pais que sexan útiles fronte a situacións de tensión que avocan en violencia por parte dos fillos.

O certo é que non existe un perfil de menores agresores nin tampouco un tipo de familia no que esta violencia apareza con máis frecuencia. O 52,6% dos casos danse en familias nucleares, mentres que as nais dunha familia monoparental sofren o 26,5% dos casos. O 15,4% xorde en familias reconstituidas e o 5,6% das veces é o pai da familia monoparental o que padece estas situacións.

Ante estes datos, Raquel Gallego quixo aclarar que aínda que é certo que a maioría dos casos de violencia se dan en familias nucleares, isto sucede porque hai máis que de ningún outro tipo. O mesmo pasa coas familias monoparentais que contan coa figura materna, existen máis que aquelas nas que o único proxenitor é o pai.

Podes ler a reportaxe completa en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

O RC Celta de Vigo multado con 5.000 euros por vender alcol nos palcos VIP

A Comisión Permanente da Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e...

Unha vivenda de 60.000 euros do condenado polo narcosubmarino para facer fronte a 25 millóns de mula

A Audiencia Provincial de Pontevedra sacou a poxa a vivenda de E.C.S.G, un dos...

O Porto de Vigo é “clave” para estar entre as comunidades máis exportadoras, segundo a Xunta

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, recoñeceu este martes que a...

“Hai silencios que doen”: Pepe Álvarez carga contra Rueda tras o ataque explosivo á sede de UGT en Vigo

A violencia contra unha organización sindical non pode quedar reducida a unha cuestión de...