InicioSociedadeVigo volve superar os 300.000 habitantes e alcanza a cifra máis alta...

Vigo volve superar os 300.000 habitantes e alcanza a cifra máis alta rexistrada

A cidade comeza 2020 con 300.395 empadroados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O censo municipal de Vigo volveu superar, a comezos deste ano 2020, os 300.000 habitantes, e bateu unha marca alcanzando os 300.395 empadroados, a cifra máis alta rexistrada na cidade olívica.

Así o trasladou o alcalde da cidade, Abel Caballero, quen sinalou que, a día 7 de xaneiro, os datos do padron municipal arroxan esa cifra de censados en Vigo: 158.352 mulleres e 142.043 homes.

Deste xeito, a urbe olívica volve situarse por enriba dos 300.000 habitantes, unha marca que xa pasara, aínda que por moi pouco, no ano 2003.

O alcalde, no entanto, lembrou que o número de empadroados non é definitivo e, de feito, non coincide coas cifras que o Instituto Nacional de Estatística adoita dar a mediados de ano. Así, a cifra rexistrada no censo municipal debe axustarse coas baixas que se puideron dar e co saldo vexetativo do último mes e medio.

En todo caso, Abel Caballero lembrou que Vigo ten como “obxectivo” superar os 300.000 habitantes, e puxo en valor o “crecemento significativo” da cidade nos últimos anos. O padrón municipal pasou dos 297.091 habitantes de 2017 aos 300.395 actuais.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Suspendido o transporte de ría en Vigo polas malas condicións meteorolóxicas

As navieras que operan as liñas de transporte na ría de Vigo, entre o...

Grandes colas na entrada e saída de Vigo tras varios accidentes

Varios accidentes de tráfico á primeira hora da mañá na AP-9V en sentido saída...