InicioSucesosDúas persoas dunha familia intoxicadas pola mala combustión dun braseiro en Vigo

Dúas persoas dunha familia intoxicadas pola mala combustión dun braseiro en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo con síntomas de intoxicación provocada, posiblemente, pola mala combustión dun braseiro.

Segundo informa o 112 Galicia, o suceso ocorreu nunha vivenda da rúa do Cacheno, na parroquia viguesa de Bembrive, sobre as 5,30 horas da mañá. Sobre esa hora, o persoal do 061-Urxencias Sanitarios indicaba ao 112 que unha ambulancia se dirixía ao domicilio por unha posible intoxicación de gas.

Seguidamente, os xestores de emerxencias deron o aviso aos bombeiros da cidade, á Policía Local e a Protección Civil Tamén foi informado o persoal da empresa subministradora do gas que abastece a zona.

Unha vez personados no lugar e despois de facer as correspondentes medicións, os bombeiros confirmaron que a intoxicación foi provocada por un braseiro, indica o 112.

ÚLTIMAS

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...

O Heraldo do Desconcerto: A Pinta en Baiona

O horizonte de Baiona, aquel 1 de marzo de 1493, non agardaba milagres. O...

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...