InicioSociedadeLópez Veiga reitera que o mellor modo de ter un "gran proxecto"...

López Veiga reitera que o mellor modo de ter un “gran proxecto” en Vulcano é que a concesión reverta ao Porto

O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo sinalou que unha vez disolta a sociedade do estaleiro, a lei marca que a concesión se extingue.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga, insistiu este xoves en que o mellor modo de que se poida pór en marcha un gran proxecto nos terreos do estaleiro Vulcano (que está en fase de liquidación) é que a concesión reverta ao Porto.

En declaracións aos medios tras un acto, López Veiga reiterou que, unha vez disolta a sociedade do estaleiro, a lei marca que a concesión se extingue. A partir dese momento, eses terreos volverían ao Porto e calquera empresa que cumpra unha serie de requisitos (proxecto, memoria económica, etc.) pode solicitar a concesión, de maneira que o Porto sacaríaa a concurso, dando a oportunidade de que opten todos os que poidan estar interesados.

Nese sentido, o presidente do Porto recalcou que esa é a mellor opción para implantar unha nova actividade neses terreos, porque iso permitiría iniciar unha nova concesión desde cero, e estendela ata 50 anos.

A outra alternativa, no caso de que o Consello de Estado (que está a elaborar un ditame respecto diso) considere que a concesión non está extinguida e forma parte da liquidación de Vulcano, os posibles interesados en desenvolver alí o seu proxecto atoparíanse cunha concesión que caduca en 2027.

Por outra banda, e con respecto á proposta de Vicalsa de instalar alí un centro de construción e reparación naval (cun investimento de 10,5 millóns), López Veiga sinalou que a empresa entregou a memoria do seu proxecto na Autoridade Portuaria “antonte”, máis tarde do que dixera publicamente, e os técnicos do Porto “están a velo”.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...