InicioEconomíaA Xunta insiste en "revisar" o convenio con Audasa e BNG e...

A Xunta insiste en “revisar” o convenio con Audasa e BNG e En Marea piden que se transfira a Galicia

O Goberno galego pide agora a rebaixa de peaxe tras ser cauto durante os gobernos de Rajoy.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, insistiu na necesidade de “revisar” o convenio polo que se compensa a Audasa polas obras de ampliación da AP-9 para que “deixe de ser un lastre para os galegos”. Unha decisión que defende agora tras evitar insistir nela durante os gobernos de Mariano Rajoy.

Preguntada tras unha rolda de prensa en Vigo, a conselleira lembrou que o Goberno galego conta cunha proposta para estudar un acordo polo que, segundo calculou, a concesionaria “recibirá 1.400 millóns de euros por obras que custaron 200“. En concreto, propuxera unha rebaixa da contía a 265,94 millóns de euros e que o importe o asumise o Goberno central, en lugar dos usuarios da vía.

Ademais, criticou que, en xaneiro, a AP-9 rexistrará a “maior” subida en peaxes de todas as autoestradas estatais, mentres noutras comunidades suprimiu o cobro dos mesmos. Así, Ethel Vázquez lembrou que a autoestrada do Atlántico “vertebra o 60 por cento” da comunidade e explicou que a subida das súas peaxes leva un “agravio” para os galegos en comparación con residentes noutras rexións.

BNG E EN MAREA

Por outra banda, BNG e En Marea coincidiron en reclamar a gratuidade e a trasferencia a Galicia da AP-9. “É unha vergoña que unha empresa privada se siga lucrando cando xa está máis que amortizada”, indicou Pontón que salientou que, de manterse as actuais peaxes, Audasa gañaría 14.500 millóns de euros ata 2048, “máis que o orzamento anual da Xunta”, dixo.
Neste sentido, suliñou que este será un punto prioritario do BNG na defensa da “axenda galega” en Madrid. Con todo, non aclarou se a “desconxelación” deste punto será funamental para o apoio do BNG á investidura de Pedro Sánchez en Madrid.
Tamén en Marea defendeu a transferencia e a gratuidade das peaxes na AP-9. “A transferencia tiña que estar feita e a xestión ten que ser pública e galega 100%”, dixo Davide Rodriguez.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo un home acusado de abusos sexuais continuados a unha menor

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Un ano de prisión por apropiarse de equipos dunha emisora para revender en tendas de segunda man

A Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebra este mércores 28 de...

O xulgado solicita á Policía Local información e documentos sobre o ‘Saltamontes’ no que morreu un mozo en 2024

O xulgado de instrución 3 de Vigo, que investiga o accidente sucedido en agosto do...

Alento celebra o seu 25 aniversario elaborando “a tortilla máis grande da historia de Vigo”

A Asociación de Dano Cerebral Alento celebrará este sábado, 25 de maio, o seu 25 aniversario cunha festa...