InicioSociedadeA Asociación Veciñal de Teis reclama o efidicio do antigo centro de...

A Asociación Veciñal de Teis reclama o efidicio do antigo centro de saúde, pechado dende o 2000, para uso social

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación Veciñal de Teis, dirixiuse hai varias semanas por escrito a Fátima Bañez, Ministra de Emprego e Seguranza Social, solicitando a cesión do edificio que ocupaba o antigo centro de saúde, para que se destine para uso social, por exemplo como biblioteca.

Este edificio atópase pechado desde o ano 2000, unha vez que a Xunta de Galiza, constrúe o novo centro de saúde, pasando a depender este edificio da Tesouraría da Seguranza Social.

Desde hai anos, esta asociación e outros colectivos de Teis reivindica que este edificio, cunha superficie de 1000 metros cadrados, se destine para biblioteca entre outros usos dotacionais para o barrio.

A Asociación Veciñal de Teis, tamén dirixiuse por escrito en xaneiro deste ano ao Subdirector Xeral de Xestión do Patrimonio e Contratación da Seguranza Social, para solicitar esta cesión.

Esta demanda expúxose tamén a responsábeis provinciais da Tesouraría da Seguranza Social, que manifestaron a esta asociación, xa fai un par de anos, que este edificio era unha carga para a administración e que se podían estudar formulas para destinalo a uso social, sempre que houbera algunha administración interesada.

Logo de anos de abandono, o pasado ano o Concello de Vigo, solicita a cesión deste edificio, pero aparecen os problemas. Desde a Asociación Veciñal de Teis, entenden que o dialogo institucional entre administracións, debe permitir buscar unha solución, que priorice os intereses da veciñanza.

O barrio de Teis, un dos máis poboados da cidade, conta con 5 escolares públicos, 3 centros escolares privados-concertados, 1 centro escola cooperativa e 4 institutos, pero carecemos dunha biblioteca pública en condicións, unha ludoteca ou un local onde poida xuntarse e realizar actividades para a mocidade de Teis.

Desde a Asociación Veciñal de Teis consideran que “a mellor opción sería ceder este edificio ao Concello de Vigo, para que se fixera cargo da rehabilitación do mesmo e crear novas dotacións sociais para Teis”.

ÚLTIMAS

Falece Gonzalo Caballero Álvarez, irmán do alcalde de Vigo e pai do exlíder do PSdeG e

Gonzalo Caballero Álvarez, pai do exsecretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero Míguez e irmán...

Un choque de dúas lanchas remata con dous feridos en Baiona

Dúas lanchas motoras chocaron este mércores no porto deportivo de Baiona e deixaron dúas...

A Universidade de Vigo aproba o convenio para descentralizar Medicina baixo a ameaza dunha “cláusula de saída”

O consello de goberno da Universidade de Vigo (UVigo) aprobou este martes por asentimento...

Dúas persoas feridas nun choque entre dúas lanchas motoras no porto de Baiona

Dúas persoas resultaron feridas este mércores ao chocar dúas lanchas motoras en Baiona, segundo...