InicioEconomíaCaballero cifra a ocupación hoteleira nun 100% tras o aceso das luces...

Caballero cifra a ocupación hoteleira nun 100% tras o aceso das luces de Nadal

Afirmou que este fin de semana tamén se rexistrou unha gran afluencia en locais de restauración de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, detallou que este sábado, unha semana despois de que tivese lugar o aceso da iluminación do Nadal na cidade, a ocupación hoteleira alcanzou o 100 por cen.

En rolda de prensa, o rexedor olívico destacou o nivel dos resultados rexistrados que, segundo apuntou, só se equiparan cos xerados pola feira Conxemar e o festival de cultura urbana O Marisquiño.

En relación ás pernoctas, asegurou que a iluminación do Nadal da cidade olívica xerou ocupación hoteleira en localidades como Nigrán, Baiona, Pontevedra e Sanxenxo e afirmou que este fin de semana tamén se rexistrou unha gran afluencia en locais de restauración de Vigo.

Ademais, o rexedor olívico apuntou que se incrementou o número de dependentes nos establecementos comerciais dun modo “inimaxinable” para cidades de dimensións similares.

ÚLTIMAS

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...

O Heraldo do Desconcerto: A Pinta en Baiona

O horizonte de Baiona, aquel 1 de marzo de 1493, non agardaba milagres. O...

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...