InicioEconomíaLópez Veiga abronca á CIG: "Intimidarme non... isto non é Bildu nin...

López Veiga abronca á CIG: “Intimidarme non… isto non é Bildu nin a kale borroka'”

A CIG protestou ante as portas do Porto de Vigo denunciando a súa exclusión do Consello de Administración e anuncia accións legais. López Veiga afea ao sindicato que tente "intimidar" coa súa protesta e cuestiona a súa representatividade na comunidade portuaria.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O sindicato CIG denunciou este venres a súa exclusión do Consello de Administración do Porto de Vigo, a pesar de que esta central gañou as eleccións sindicais na Autoridade Portuaria e, segundo aseguraron, iso dálles dereito a ter un asento de vogal nese órgano.

Responsables e delegados do sindicato concentráronse ás portas do edificio de Sesións do Porto, onde se celebrada cada mes a reunión do Consello, para protestar por esta exclusión, e mesmo a persoa designada pola CIG como representante nese órgano, Anxo Igrexas, tratou sen éxito de participar nesa reunión do consello portuario.

Segundo explicou a central nacionalista, tras obter a maioría de votos nas eleccións sindicais de xullo pasado na Autoridade Portuaria, teñen dereito a ter un representante no Consello de Administración pero, transcorridos catro meses, non se fixo efectivo o cesamento do anterior representante sindical no Consello (de CC.OO.) nin a entrada do novo vocal, que sería da CIG.

Neste tempo, presentou escritos no Porto e tamén ante a Consellería do Mar, pero a situación non cambiou, polo que anunciaron que, tras consultar cos seus servizos xurídicos, emprenderán accións legais.

RESPOSTA DO PORTO

Cuestionado acerca desta protesta, na rolda de prensa posterior á reunión do Consello de Administración, o presidente do Porto, Enrique López Veiga, tachou de “intolerable” que un representante da CIG “se autonombre” vocal e tente participar na reunión.

Segundo lembrou, o Porto non designa aos membros do Consello, senón a Xunta de Galicia pero, en todo caso, advertiu de que o feito de que a CIG gañase as eleccións sindicais “non implica automaticamente que entre no Consello”.

A ese respecto, matizou que o vogal sindical deste órgano pertence á central que sexa “maioritaria no ámbito portuario”, o que inclúe, ademais do propio Porto, a empresas e outras entidades que forman parte da comunidade portuaria. “E na comunidade portuaria, a CIG non é o sindicato maioritario nin moito menos, están por diante CC.OO. e UGT”, engadiu.

“O que non é de recibo é que se planten aquí, tenten entrar, e fagan unha manifestación sen anuncialo. Polas malas non; intimidarme non; xa deberían saber que iso non funciona”, advertiu López Veiga, quen lembrou que “isto non é Bildu nin a ‘kale borroka‘”.

ÚLTIMAS

O Porriño fai pleno no Sorteo de ‘El Niño’: vendeu o primeiro e o segundo premio

O número 45875 foi o agraciado co segundo premio, dotado con 750.000 euros por...

Un home deixa á súa parella na UCI tras apuñalala no Porriño e entra en prisión

Axentes da Garda Civil detiveron a un veciño do Porriño, de 50 anos de...

O BNG vigués alerta sobre o empobrecemento na cidade e denuncia a retirada de axudas sociais do Concello

O grupo municipal do BNG en Vigo censurou este luns o recorte nas axudas...

Protesta masiva en Vigo contra a ofensiva de EE.UU. en Venezuela

Centos de persoas manifestáronse este sábado ante o Consulado de Venezuela en Vigo para...