InicioSucesosFeridas dúas persoas nun accidente no túnel da Madroa en Vigo

Feridas dúas persoas nun accidente no túnel da Madroa en Vigo

No sinistro houbo tres coches implicados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas persoas resultaron feridas nun accidente de tráfico rexistrado na mañá de venres no túnel da Madroa en Vigo con tres coches implicados.

Segundo informou o 112 Galicia, o sinistro tivo lugar sobre as 8,30 horas deste venres no túnel da Madroa na autoestrada AP-9 ao seu paso por Teis.

Unha persoa particular avisou ao 112 Galicia do sinistro e indicou que un dos vehículos accidentados estaba no interior do túnel e que podía haber persoas feridas.

Ata o lugar desprazáronse, tras ser alertados polo 112 Galicia, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e axentes de Tráfico e da Policía Local. Así mesmo, foron informados os Bombeiros de Vigo, os membros de Protección Civil e o persoal de autoestradas da AP-9.

ÚLTIMAS

Competencia detecta indicios de prácticas irregulares no contrato de 470 millóns do bus urbano de Vigo

A contratación pública constitúe un dos principais mecanismos polos que as administracións deciden como...

Un camión en chamas na AP-9 provoca retencións quilométricas á entrada de Vigo

Un camión incendiouse este luns na autoestrada AP-9, á entrada de Vigo, provocando retencións...

“Máis recursos e menos discursos”, resposta Feminista chama a mobilizarse o 25N en Vigo

O colectivo Resposta Feminista presentou este luns en Vigo a manifestación que convocan con...

Investigado un octoxenario por unha agresión sexual a unha muller nun local de hostalaría en Mos

A Garda Civil, a través do Posto Principal de O Porriño e do Equipo...