InicioSucesosO narcosubmarino queda depositado na área portuaria de Bouzas

O narcosubmarino queda depositado na área portuaria de Bouzas

Comezará a ser analizado polos servizos de criminoloxía.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O ‘narcosubmarino’ localizado na ría de Aldán, en Cangas o pasado fin de semana, e que foi reflotado e extraído da auga na madrugada do mércores, foi finalmente trasladado a Vigo, e quedou depositado e custodiado en terreos da Zona Franca, na área portuaria de Bouzas.

Aínda que inicialmente estaba previsto levalo á Escola Naval de Marín, finalmente foi trasladado á cidade olívica a pasada noite, e quedou estacionado nun dos viais da área portuaria de Zona Franca, vixiado por efectivos das forzas de seguridade e a disposición do xulgado de instrución número 1 de Cangas, encargado da investigación.

O semisomerxible, de algo máis de 20 metros de eslora, levaba no seu interior 152 fardos cuns 3.000 quilos de cocaína, segundo confirmou nas últimas horas o delegado do Goberno, Javier Losada. No seu interior viaxaban tres persoas, dúas das cales (de nacionalidade ecuatoriana) foron detidas e enviadas a prisión por orde xudicial, mentres que se segue buscando ao terceiro tripulante.

A localización deste artefacto produciuse despois de que as autoridades españolas recibisen un aviso do Centro de Análise e Operacións Marítimas en materia de Narcotráfico, con sede en Lisboa, o pasado 21 de novembro. Efectivos policiais e de Aduanas vixiaron o ‘narcosubmarino’ ata que os seus tripulantes decidiron afundilo o pasado sábado na zona de Punto Couso, pola imposibilidade (debido ao mal tempo e á vixilancia policial) de transvasar a droga a outra embarcación.

SERVIZO DE CRIMINOLOXÍA

Os servizos de criminoloXía comezarán a analizar o ‘narcosubmarino’. Diso informou este xoves o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, en declaracións aos medios en Santiago de Compostela. Explica que o submarino se atopa “vixiado” coa correspondente seguridade.

Así mesmo, lembrou que a investigación “segue o seu curso”, polo que as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado están á espera de “pasos” a seguir que indique a xuíza de Cangas nunha peza secreta.

ÚLTIMAS

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Tres mergulladores denunciados en Vigo por capturar polbo de talla inferior e extraer case seis quilos de bivalvos

A Policía Local de Vigo denunciou nos últimos días a tres persoas por irregularidades...