InicioSucesosO segundo incendio nun mes dana o camarote doutro barco do estaleiro...

O segundo incendio nun mes dana o camarote doutro barco do estaleiro vigués Francisco Cardama

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un incendio producido na mañá deste venres danou un barco do estaleiro vigués Francisco Cardama, situado no número 12 da Avenida de Beiramar. Segundo informacións dos bombeiros a Xornal de Vigo, o lume afectou a un camarote dun barco e xa foi sufucado.

O incendio iniciouse ás 9,40 horas e os servizos de emerxencia tiveron constancia dos feitos a través dunha chamada que solicitaba axuda, xa que se estaba tentando sufocar as chamas “pero non eran quen de apagalas” debido, sobre todo, ao intenso fume, que é “moi contaminante”.

Desta maneira, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) alertou aos Bombeiros de Vigo, á Policía Local, á Garda Civil, a Protección Civil e á Autoridade Portuaria.

Fontes dos Bombeiros de Vigo  destacan que, finalmente, os danos foron mínimos e que o principal problema foi o fume. Hai apenas un mes tamén se produciu tamén outro incendio nun barco neste mesmo estaleiro.

Estaleiros Cardama / Miguel Núñez

ÚLTIMAS

Condenado por estafar con falsos alugueiros de vivendas en Vigo e Sanxenxo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a...

Vigo tacha de “sectario” o acto de Rueda no IES de Navia por non convidar a Caballero

O goberno municipal de Vigo criticou este martes o acto de colocación da primeira...

Traballadores de Stellantis Vigo denuncian a “cara oculta” da fábrica: precariedade, estrés e cargas insostibles

Traballadores de Stellantis Vigo concentráronse este martes diante das portas da fábrica para denunciar...

Profesionais da xustiza protestan en Vigo contra o “caos” da nova lei de eficiencia

Decenas de persoas protestaron este martes en Vigo pola “situación crítica” que vive a...