InicioSociedadeUn dos técnicos investigados polo accidente do Marisquiño acóllese a non declarar

Un dos técnicos investigados polo accidente do Marisquiño acóllese a non declarar

A declaración do outro técnico do Porto de Vigo que estaba citado para este xoves tamén foi aprazada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O técnico do Porto de Vigo José Enrique E.P., investigado no procedemento aberto por un suposto delito de lesións por imprudencia tras o accidente ocorrido no Marisquiño 2018, acolleuse este xoves ao seu dereito a non declarar tras ser citado no marco desta causa.

Este técnico, xefe da área de Planificación e Infraestruturas da Autoridade Portuaria, e que tamén está procesado nunha peza separada da ‘Operación Patos’ (pendente de sentenza) optou por gardar silencio porque, segundo explicou o seu avogado, non tivo tempo de estudar a causa, xa que a citación lle foi notificada con pouco tempo de antelación.

Este letrado presentou nas últimas horas un escrito ante o Xulgado de Instrución Número 3 de Vigo para reclamar a suspensión da comparecencia por este motivo, unha demanda que volveu a reiterar este xoves verbalmente ante a xuíza instrutora.

Unha vez que tivese tempo de analizar o procedemento, o que pode levar “unha semana e pico”, explicou o avogado, solicitará ao xulgado que volva citar ao seu defendido para declarar.

Por outra banda, a declaración do outro técnico do Porto de Vigo que estaba citado para este xoves, tamén foi aprazada. Neste caso, o motivo do adiamento é que o seu avogado tiña un xuízo e non podía asistilo na comparecencia, que se trasladou a este venres ás 12,00 horas.

ÚLTIMAS

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...