InicioSociedadeBanco de Alimentos comeza a súa Gran Recollida Solidaria en Galicia

Banco de Alimentos comeza a súa Gran Recollida Solidaria en Galicia

Leite, aceite, cacao, galletas e conservas de todo tipo, os produtos máis necesitados-

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fundación Banco de Alimentos levará a cabo en centos de supermercados de toda España durante este venres e sábado, 22 e 23 de novembro, a súa VII Gran Recollida Solidaria de Alimentos, polo que miles de voluntarios estarán a disposición de todos aqueles cidadáns que queiran achegar o seu ‘gran de area’.

Así, desde Banco de Alimentos de Vigo sinalaron que a organización presta axuda a unhas 20.000 persoas de toda a provincia, polo que insistiron na gran importancia que ten esta cita anual para eles.

O ano pasado, a ONG logrou recadar ata 330.000 quilos de comida, un “éxito” que podería repetirse, polo que serán necesarios ata 2.000 voluntarios para estar presentes non só en Vigo, senón tamén en Pontevedra, en Redondela, no Val Miñor, no Baixo Miño, en Lalín e na comarca do Salnés, entre outras localidades (como cada ano). Ademais, este fin de semana todos os Bancos de Alimentos de Galicia, España e Europa levarán a cabo esta recollida.

Entre os alimentos que máis se necesitan, o presidente da fundación, Pedro Pereira, destacou o leite, o aceite, o cacao, as galletas, así como as conservas de todo tipo ou os legumes en botes de cristal. “A partir de aí o que a calquera persoa se lle poida ocorrer”, indicou.

Este ano, a xornalista viguesa María Rey, quen formou parte durante máis de 20 anos do equipo de Antena 3 Noticias e na actualidade presenta o magazín informativo ‘120 minutos’ en Telemadrid, foi elixida madriña da Gran Recollida Solidaria da Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo, polo que este fin de semana tamén estará de voluntaria nunha gran superficie da cidade olívica.

ÚLTIMAS

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...

O PP de Vigo critica que Samil continúe sen Bandeira Azul mentres Caballero asegura que a recuperará no extremo norte

O grupo municipal do PP de Vigo lamentou este venres que a emblemática praia...

A Universidade de Vigo crea unha cátedra con BorgWarner para reforzar a formación tecnolóxica e a captación de talento

A Universidade de Vigo e a empresa BorgWarner Emissions Systems Spain formalizaron este venres...