InicioSociedadeO Concello vigués recibiu case 8.000 solicitudes para entrar no sorteo de...

O Concello vigués recibiu case 8.000 solicitudes para entrar no sorteo de entradas para a preestrea de Frozen II

Este luns houbo un 365% máis de visitas á web do Concello que o luns anterior. O alcalde da cidade, asegurou que proximamente iniciarase a instalación, por parte de Disney, da iluminación especial ambientado na película.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo recibiu un total de 7.648 solicitudes para entrar no sorteo de 180 invitacións para a preestrea de Frozen II, que poderá verse na tarde deste mércores, nos cinemas de Praza Elíptica da cidade olívica. Abel Caballero, en rolda de prensa, relatou que unha vez anunciado o sorteo desas entradas, a páxina web do Concello recibiu unha avalancha de visitas en poucas horas.

Así, o rexedor explicou que a páxina municipal rexistrou este luns a visita duns 28.500 usuarios, “un 365% máis que o luns da semana pasada”, e que se rexistraron 37.000 sesións web. A isto engádese que, tamén o luns, a app do Concello, Vigo App (a través da que tamén se podían facer as inscricións para o sorteo de invitacións), tivo mil descargas.

Por outra banda, Abel Caballero tamén confirmou que vaise a iniciar a instalación, por parte de Disney, da iluminación especial ambientado na película, e que converterá a rúa Progreso na “rúa Frozen-Disney-Progreso”. “Que Disney elixa Vigo para ambientar esta rúa, a única en España, é unha motivación importante”, celebrou o alcalde.

Finalmente, lembrou que o aceso desa iluminación especial terá lugar o sábado ás 21,30 horas, unha hora despois de que se faga o aceso oficial das luces da cidade e da gran árbore do Nadal en Porta do Sol.

ÚLTIMAS

O PP de Vigo esixe a auditoría das contas de Bembrive mentres o Goberno local cualifica as acusacións de “falsas”

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, esixiu ao rexedor, Abel Caballero, que...

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab para o lanzamento dun novo satélite

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab, que pretende...

Catro tartarugas mariñas, rescatadas e trasladadas á UCI de Nigrán tras aparecer debilitadas no litoral galego

Catro tartarugas mariñas foron trasladadas á UCI das instalacións da Coordinadora para o Estudo...

Abel Caballero presenta ‘ViveVigo’, o programa municipal para mobilizar 13.000 vivendas baleiras no mercado do aluguer

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou este venres 'ViveVigo', un programa municipal de...