InicioSociedadePonse a andar o proxecto sectorial do Campus do Mar nos terreos...

Ponse a andar o proxecto sectorial do Campus do Mar nos terreos da antiga ETEA

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia anuncia este luns o inicio do período de información pública do Proxecto Sectorial do Campus Científico-Tecnolóxico do Mar (PS-6) nos terreos da antiga Escola de Transmisións e Electrónica da Armada (ETEA), no barrio vigués de Teis, segundo informou a Xunta de Galicia.

Así, ábrese un período dun mes para que as entidades, institucións ou cidadáns interesados poidan facer as súas achegas a este proxecto, que afecta a un ámbito duns 21.200 metros cadrados, e no que se localizarán usos complementarios do científico-tecnolóxicos, como socioculturais, dotacionais, deportivos, xestión e innovación empresarial e usos terciarios complementarios.

Con respecto ás edificacións existentes, analizáronse para estudar o seu valor patrimonial, a súa posible rehabilitación e a súa integración na contorna.

A ese respecto, inclúese a protección e conservación do edificio Morse e o edificio de enfermaría, así como outros dous edificios: a residencia Álava e a residencia Liniers, “polo seu singular valor arquitectónico dentro do conxunto”.

Doutra banda, prevese a eliminación do edificio de aulas e do edificio Patiño, de maneira que se poderán ampliar espazos contiguos aos inmobles que se van a conservar e así polos en valor.

Segundo sinalou a Xunta, tamén se eliminará o cuartel de alumnos José Luís Díez, porque é “un elemento discordante coa escala territorial da paisaxe” e “suporía unha barreira con respecto á comunicación entre os espazos deportivos, o parque urbano e a praia”. Do mesmo xeito, está prevista a eliminación do Cuartel Méndez Núñez e do Corpo de Garda.

Unha vez sometido o proxecto sectorial ao trámite de información pública, darase audiencia ao Concello de Vigo e solicitaranse os informes sectoriais preceptivos. A partir de aí, previo informe da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, o documento irá a Consello da Xunta para a súa aprobación definitiva.

ÚLTIMAS

Sanidade licita por 284.000 euros reactivos clave para transplantes no Hospital Meixoeiro

A Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), publicou no...

O PP de Vigo esixe a auditoría das contas de Bembrive mentres o Goberno local cualifica as acusacións de “falsas”

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, esixiu ao rexedor, Abel Caballero, que...

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab para o lanzamento dun novo satélite

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab, que pretende...

Catro tartarugas mariñas, rescatadas e trasladadas á UCI de Nigrán tras aparecer debilitadas no litoral galego

Catro tartarugas mariñas foron trasladadas á UCI das instalacións da Coordinadora para o Estudo...