InicioSociedadeO programa 'Conectadas' chega a Vigo e A Estrada con novas actividades...

O programa ‘Conectadas’ chega a Vigo e A Estrada con novas actividades destinadas á muller

O programa está especialmente dirixido a asociacións que buscan o "desenvolvemento" e a "promoción" das mulleres.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O programa da Deputación de Pontevedra ‘Conectadas 2019’, destinado ao empoderamento da muller, pon en marcha dúas novas actividades formativas nos concellos de Vigo e A Estrada, que comezarán os días 22 e 20 de novembro, respectivamente.

En Vigo, a acción formativa tratará a ‘Risoterapia’ e prolongarase ata o 28 de febreiro, mentres que na Estrada será sobre ‘Cociña e alimentación. Hábitos saudables’ e terminará o 19 de febreiro. En cada unha, participarán 15 mulleres pertencentes a dúas asociacións, unha de cada concello.

Estas dúas iniciativas enmárcanse dentro do programa provincial ‘Conectadas’ que, segundo a Deputación, ten como obxectivo desenvolver cursos e actividades destinadas ás mulleres para “dotalas de ferramentas necesarias para construír unha sociedade igualitaria” á vez que “contribuír a mellorar a súa empregabilidade”. O programa está especialmente dirixido a asociacións que buscan o “desenvolvemento” e a “promoción” das mulleres.

ÚLTIMAS

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...