InicioCulturaA música clásica empodérase na cidade coa Orquestra Vigo 430

A música clásica empodérase na cidade coa Orquestra Vigo 430

Este domingo a agrupación abre "a mellor tempada ata o momento", coa que ofrecerán un concerto ao mes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Orquestra Vigo 430 presentou o pasado venres a súa tempada 2019/2020, que será, segundo o seu director artístico, Javier Escobar, “a mellor ata o momento”, e comezará a partir deste domingo cun concerto do Ensemble Vigo 430 no Auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Música de Vigo ás 19,00 horas.

Segundo Escobar, en termos cualitativos trátase da mellor tempada que ofreceu a orquestra ata a data. “En termos cuantitativos non podemos compararnos ás outras orquestras galegas, o seu orzamento multiplica enormemente o noso”, indicou.

Neste sentido, o concelleiro de Cultura, Abel Losada, destacou o apoio do Concello á devandita banda. “Este ano a subvención á entidade foi de 125.000 euros, e incrementarase en 2.000 euros o próximo 2020. Entendemos que hai que favorecer o tecido cultural ao redor da música clásica”, reivindicou.

A tempada está deseñada para que haxa un concerto ao mes entre novembro e maio e que sexa o “máis variada posible”. Entre os sete concertos programados, Javier Escobar destacou tres deles especialmente: o do próximo 20 de decembro, coincidindo co Nadal; o programado para o 16 de febreiro, dedicado integramente a Beethoven -no ano en que se conmemora o 250 aniversario do seu nacemento-, e o que abrirá a Semana Santa, xa no mes de marzo, posto que interpretarán xunto ao Coro Rías Baixas unha peza que ambicionaban programar desde facía algún tempo.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...