InicioSociedadeAbel Caballero ao presentar a preestrea de Frozen 2: "Move máis xente...

Abel Caballero ao presentar a preestrea de Frozen 2: “Move máis xente o Nadal de Vigo que o Camiño de Santiago”

Disney converterá a rúa Progreso na "Rúa Frozen", con iluminación e animación especial.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou este venres un acordo alcanzado entre o Concello olívico e The Walt Disney Company Iberia, de maneira que a multinacional converterá a rúa Progreso na “Rúa Frozen”, con motivo da estrea da segunda parte desta película de animación.

Nunha rolda de prensa, o rexedor, quen asegurou que o Nadal vigués “move máis xente que o Camiño de Santiago”, avanzou que Disney encargarase da iluminación e animación desa rúa, e que Vigo acollerá a preestrea nacional de Frozen 2, o 20 de novembro nos cinemas de Praza Elíptica (ao que se poderá acudir con invitación). Ademais, o 21 de decembro haberá un pase especial para colectivos sociais de atención a “nenos desfavorecidos”.

Abel Caballero, matizou que o convenio con Disney ten custo económico “cero” para o Concello. Explicou tamén que o aceso inaugural da Rúa Frozen será o sábado 23 de novembro, unha hora despois de que se realice o acto de aceso en Pórta do Sol.

ÚLTIMAS

O Xulgado critica a falta dun plan de inspeccións de atracións do concello de Vigo tras o accidente do ‘Saltamontes’

O xulgado de instrución número 3 de Vigo, que investiga as circunstancias do accidente...

Vigo prepara o seu Nadal masivo: novo plan de tráfico con tres niveis segundo a afluencia

O Concello de Vigo presentou este martes o plan de tráfico que rexerá durante...

A escritora viguesa An Alfaya, Premio Laxeiro 2026

O padroado da Fundación Laxeiro decidiu outorgar o Premio Laxeiro 2026 á escritora viguesa...

Investigan a morte dun home nunha nave abandonada en Vigo

A Policía Nacional abriu unha investigación para esclarecer as circunstancias da morte dun home,...