A empresa García Costas S.L.U, propiedade de José García Costas, o presidente de Barreras –astaleiro con graves problemas financeiros– construirá un edificio pegado ao do mural realizado pola artista Lula Goce fai algo máis de 3 anos, na curva de San Gregorio, en Vigo. O novo edificio, tapará a obra de arte, financiada polo propio Concello de Vigo, que se fixo no seu día a modo de protesta e “esperanza” polo futuro da zona en cuestión.
O mural está entre zonas industrial e os astaleiros da cidade, onde escasean as zonas verdes. Desde a asociación veciñal da curva de San Gregorio, a súa presidenta, Chus Domínguez, explica que “presentamos un proxecto no Concello para a creación dunha zona verde con parques para os nenos ao que non lle fixeron caso”. Aseguran desde a asociación que “o Concello asegurour a Lula a perduración do mural por máis anos”. Ademais, manifestan “o afecto, apoio e solidariedade coa artista” e destacan “a magnífica expresión artística desta obra de arte representa a carencia de parques públicos e zonas verdes no noso barrio”.
Por outra banda, Consuelo, veciña do barrio, mostra a “súa profunda tristeza” polo que sucederá na zona, xa que”toda a veciñanza valora poder ver o mar tódolos días”.“Hai claros intereses económicos detrás da obra, que teñen máis poder que a vontade dos veciños” declarou desta vez Pilar González, outra veciña da zona e, ademais, conclúe sinalando que “este é o único punto do barrio con vistas á ría”.
“FORMIGÓN e GRANITO”
No seu día o mural fíxose xuntando as ideas de protesta dos veciños coas capacidades artísticas da baionense. A propia artista -que acaba de realizar un mural na cidade de Nova Iorque- expresou as súas redes sociais a súa “pena porque –a obra– se tape con formigón e granito“.
Ademais, manifestou a súa frustración “por todos os veciños que puxeron a súa esperanza nunha zona verde para eles e os seus fillos”. “Precisamos o planeta, as árbores, o mar e os animais que o habitan. Precisamos a natureza, somos parte dela e se non a coidamos, estámonos a descoidar a nós mesmos” concluíu a muralista.
O PRESIDENTE DE BARRERAS
José García Costa, presidente de Barreiras, é o dono da inmobiliaria que realizará a obra. Este empresario, a pesar dos problemas do astaleiro vigués, segue facendo negocios na cidade e sumando sociedades ao seu conglomerado empresarial.
Ademais de Barreras, e García Costa SLU, tamén impulsou Emenasa Industria e Automatismos, unha firma de enxeñaría e electrónica que administra xunto a Fernando Pérez Costas. Tamén administra Emenasa Montages Navales, Francisco Cardama SA, Baliño e a matriz que as controla a todas, Electrómecánica Naval e Indutrial, a Emenasa orixinal da que seguen brotando filiais.