Case un centenar de traballadores do estaleiro vigués Hijos de J. Barreras volveron a saír á rúa este xoves para pedir unha “solución urxente” fronte a situación “agónica” na que se atopan. A concentración foi convocada polos sindicatos UGT, CC.OO. e GIG diante da entrada principal do estaleiro, onde o presidente do comité, Sergio Gálvez (UGT), lamentou que non se lles comunique “nada” das reunións que as partes están a ter.