InicioEconomíaMarea de Vigo presenta emendas aos orzamentos galegos por valor de 12...

Marea de Vigo presenta emendas aos orzamentos galegos por valor de 12 millóns

Propoñen unha partida de 3,5 millóns para apoiar á industria naval da cidade; recuperar a partida de case un millón de euros para a construción dunha residencia de maiores; e redactar o proxecto dun IES para Navia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal Marea de Vigo presentou este xoves as emendas que, a través do Grupo Común da Esquerda, presentará aos orzamentos da Xunta para 2020, e que suman uns 12 millóns de euros.

Segundo explicou o portavoz do grupo, Rubén Pérez, as contas presentadas polo goberno de Feijóo son “electoralistas” e deseñadas para “vender o novo papel da delegada da Xunta” na cidade, Corina Porro, con anuncios de proxectos aos que apenas se dedican investimentos.

Marea reclamou, nas súas emendas, que a Xunta asuma o 50 por cento do custo das bolsas de inglés que se dan desde o Concello olívico, porque esas competencias corresponden á autonomía e ao goberno central.

Así mesmo, propoñen unha partida de 3,5 millóns para apoiar á industria naval da cidade; recuperar a partida de case un millón de euros para a construción dunha residencia de maiores (noutro barrio distinto a Teis, xa que a prevista nos terreos da ETEA será sufragada pola Fundación Amancio Ortega); ou 100.000 euros para redactar o proxecto dun IES para Navia.

Tamén piden unha partida de 300.000 euros para sufragar a apertura de comedores escolares no verán; incrementar en 400.000 euros a achega ao museo MARCO; ou destinar 3 millóns a un plan de investimentos do Consorcio do Casco Lanuxe.

Finalmente, Marea de Vigo pide, entre outras partidas, un fondo de compensación a familias polo fin do Plan Vivenda dotado con 2 millóns de euros; que se destinen 500.000 euros a rematar actuacións na EDAR do Lagares (como unha pantalla vexetal para protexer dos cheiros e gases ás vivendas próximas); e outras dotacións orzamentarias.

ÚLTIMAS

7,1 millóns para o Casco Vello de Vigo e novas obras viarias e peonís en varias localidades

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Goberno galego destinará ao Consorcio...

Caballero esixe á Xunta a devolución de Eiras pola “ineptitude” coas válvulas e o cesamento de Ángeles Vázquez

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamou este luns á Xunta a devolución da...

O catedrático Jacobo Porteiro, terceiro candidato ao Reitorado da UVigo

O catedrático na área de Máquinas e Motores Térmicos na Escola de Enxeñaría Industrial...

Caballero acusa á Xunta de “12 anos de atraso” na ETEA e critica agora as “présas” por asinar o convenio

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, censurou este luns as "présas" da Xunta para...