InicioSociedadeCondena de 19 meses de cárcere para sete acusados de explotar a...

Condena de 19 meses de cárcere para sete acusados de explotar a traballadores en Vigo

As xornadas laborais eran "ao aire libre, desde as 08,00 ou 09,00 horas da mañá, ata mesmo a caída do sol, sen iluminación nin descanso semanal", polas que recibían "unhas remuneracións mínimas semanais".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena dun ano e sete meses de cárcere, como autores dun delito contra os dereitos dos traballadores, a cada un do sete membros dun clan luso-español que explotaba a compatriotas portugueses.

O tribunal, do mesmo xeito que a sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, considerou acreditado que os traballadores realizaban para os condenados (F.S.M., C.A.B., F.M.A., J.J.P.B., M.A.A., M.N.A.A. e E.H.R.) reparacións de palés de madeira que logo vendían a empresas.

As xornadas laborais eran “ao aire libre, desde as 08,00 ou 09,00 horas da mañá, ata mesmo a caída do sol, sen iluminación nin descanso semanal“, polas que recibían “unhas remuneracións mínimas semanais”.

A sentenza ratificada polo alto tribunal galego tamén lles impón a suspensión de dedicarse á actividade da madeira polo período de dous anos.

“É evidente que por moi rudimentario que sexa o formato elixido, era o válido e adecuado para xerar, nesa ordenación de medios de produción, un beneficio económico a cambio de outorgar aos traballadores unhas condicións de vida míseras, en medios, protección e retribución”, indicou o TSXG no fallo.

FEITOS

Tal como explicaba o escrito de acusación pública, que pedía ata 18 anos de cárcere, os condenados empregaron a varios traballadores lusos, que estaban en situación de vulnerabilidade e mesmo na indixencia no seu país, e explotábanos con xornadas de traballo de máis de 10 horas, durante seis días á semana, sen vacacións, e cun salario de entre 20 e 35 euros á semana.

Os traballadores explotados non dispuñan de ferramentas nin maquinaria adecuada para facer o seu traballo, eran acomodados en caravanas ou camións abandonados, non recibían atención sanitaria nin equipamento de seguridade. Tampouco se lles proporcionou formación, nin se lles deu de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos e os acusados retíñanlles a súa documentación.

Estes operarios desenvolvían o seu labor ao aire libre, en zonas que carecían de orde e hixiene, polo que se puxo “en grave risco a súa integridade física e saúde”, segundo sostén a Fiscalía que, de feito, apunta que unha das vítimas sufriu a amputación dunha falanxe cando manipulaba unha serra.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...