InicioEconomíaTraballadores de Barreras volven saír á rúa para denunciar a situación "agónica"...

Traballadores de Barreras volven saír á rúa para denunciar a situación “agónica” que viven

O vindeiro martes desenvolverase unha manifestación ata a delegación da Xunta en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Case un centenar de traballadores do estaleiro vigués HiJos de J. Barreras volveron a saír á rúa este xoves, despois de que o pasado martes tamén o fixesen, para pedir unha “solución urxente” á situación “agónica” que viven.

Nunha concentración convocada polos sindicatos UGT, CC.OO. e GIG diante da entrada principal do estaleiro, o presidente do comité, Sergio Gálvez (UGT), lamentou que non se lles comunique “nada” das reunións que as partes están a ter.

Os tempos que manexamos agora son de urxencia. Necesitamos que dunha vez por todas se empecen a construír os barcos e que no tempo que estamos a perder, que é un tempo precioso, se poida sacar a obra adiante”, reivindicou Gálvez. “A partir de aí imaxínome que o tema do consello de administración e a propiedade irá máis lento, pero entendemos que se acabará tomando unha decisión”, engadiu.

Neste sentido, pediron á Xunta “que se active dunha forma máis eficiente”, porque, ao seu xuízo, “non ten ningún tipo de présa”. Con todo, os traballadores están a vivir “situacións dramáticas” xa que en “poucos meses” hai 1.000 empregados na rúa, “cun impacto de 2.000 traballadores”.

Tamén aproveitou para indicar que o vindeiro martes, día 19 de novembro, desenvolverán unha manifestación que sairá ás 11,00 horas do estaleiro e circulará ata a delegación do Goberno galego en Vigo, no Arenal.

MANIFESTACIÓN DA CIG

Pola súa banda, este mesmo xoves a CIG apoiou a concentración convocada polos tres sindicatos. No entanto, esta organización sindical tamén desenvolveu a súa propia manifestación ata a delegación da Xunta.

Neste sentido, o secretario comarcal da CIG en Vigo, Alberto Gonçalves, explicou que a súa organización pretende “dar un golpe na mesa” e “ir para adiante”, pero insistiu en que “está de acordo na unidade” sindical, por iso tamén apoiou a concentración previa.

Criticou a “morte anunciada” de Vulcano e a “mala xestión de Barreiras” debido á “falta de capacidade” do empresariado. Por todo iso, repetiu a súa petición de que o sector público se faga cargo do estaleiro.

Na mesma liña falou o concelleiro do BNG, Xabier P. Igrexas, quen sinalou que a comarca de Vigo “non se pode permitir” que desapareza o sector naval, polo que pediu á Xunta “compromisos reais e efectivos” e insistiu en solicitar que a ría de Vigo “pode e debe ter un estaleiro público”.

ÚLTIMAS

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...

Arredor de 200 persoas reciben en Vigo o buque “Kate Tenacity” da Flotilla da Liberdade rumbo a Gaza

Arredor de 200 persoas recibiron este mércores en Vigo o buque "Kate Tenacity" da...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...