InicioCulturaA Semana de Cinema Submarino de Vigo proxectará traballos que ofrecen "a...

A Semana de Cinema Submarino de Vigo proxectará traballos que ofrecen “a beleza ás ameazas que sofren os océanos”

A XXIX Semana de Cinema Submarino, organizada pola Universidade de Vigo e que se celebrará entre o vindeiro mércores día 20 de novembro e o venres 22 no Teatro Afundación, proxectará sete traballos audiovisuais que contrapoñen "a beleza ás ameazas que sofren os océanos".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A XXIX Semana de Cinema Submarino, organizada pola Universidade de Vigo e que se celebrará entre o vindeiro mércores día 20 de novembro e o venres 22 no Teatro Afundación, proxectará sete traballos audiovisuais que contrapoñen “a beleza ás ameazas que sofren os océanos”.

“O fío condutor desta semana de Cinema Submario é o reflexo do que hoxe en día clama a sociedade por resolver: a contaminación por verteduras e plásticos, a sobrepesca ou o desxeo dos polos, e como contrapartida a beleza dos comportamentos dos animais nos diferentes mares e océanos do mundo ou a conservación das últimas zonas salvaxes“, destacou o director da Semana, José Luís González.

Neste sentido, serán proxectados sete traballos audiovisuais dos cales tres se analizarán polos seus propios autores: Nuno Sá, David Álvarez e Jorge Candán. Precisamente, o realizador galego será homenaxeado o mércores 20 en recoñecemento á súa recente vitoria no campionato do mundo de vídeo submarino 2019 polo seu traballo ‘O retorno’, que se proxectará ese mesmo día.

Dúas proxeccións de National Geographic, que contan coa participación do biólogo español Manu San Félix, ‘Guerreiros dos océanos’ e ‘Salvemos noso Mediterráneo’, e a participación do investigador da UVigo Ángel Mena, completarán o programa do primeiro día. Todos os días as proxeccións, que son gratuítas ata completar aforamento, empezarán ás 20,00 horas.

“CITA INELUDIBLE”

Na presentación do certame, que tivo lugar este mércores en Vigo, a vicerreitora de Captación de Alumnado, Natalia Caparrini, referiuse a este evento como “unha cita ineludible para os especialistas e amantes do mar“, á vez que lembrou o compromiso da Universidade co mar a través do Campus do Mar.

A Universidade de Vigo está comprometida cos compromisos da Axenda 2030 e máis concretamente co obxectivo 14 de vida submarina e por iso, a través desta semana, traballaremos para achegar o mar a todos os vigueses, para que aprendan a amalo e respectalo”, subliñou Caparrini.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...