InicioSociedadeGaliza Nova busca unha visión "máis combativa" do día contra as violencias...

Galiza Nova busca unha visión “máis combativa” do día contra as violencias machistas

Veñen de enviar unha carta a Pedro Sánchez e a Alberto Núñez Feijóo con medidas que ao seu xuízo deben ser tomadas "de urxencia" a nivel galego e estatal para combater a violencia de xénero.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asemblea de Mulleres de Galiza Nova presentou este mércores en Vigo a súa campaña para o próximo 25 de novembro, Día Internacional contra as violencias machistas, que se desenvolverá baixo a lema ‘Somos as que loitan por un país sen violencia’.

“Coa campaña deste ano quixemos deixar atrás as imaxes que constantemente nos chegaban de mulleres golpeadas e buscamos darlle unha visión moito máis combativa a unha data na que sempre acababamos relegadas ao papel de vítimas”, destacou a responsable Nerea Cazás.

Por isto, Cazás enviou unha carta ao presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, así como ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, con medidas que ao seu xuízo deben ser tomadas “de urxencia” a nivel galego e estatal e que esixen ao Executivo autonómico que se cumpra a lei contra a violencia machista aprobada pola Cámara galega hai doce anos.

Segundo sinalou, o contexto actual é “alarmante” debido ao aumento do 28,4% das denuncias por violencia machista. A isto súmanselle os seis “feminicidios” ocorridos en Galicia no que vai de ano.

“DESPROTEXIDAS”

“A día de hoxe as mulleres atopámonos desprotexidas fronte á violencia machista e recortar en recursos dirixidos ás mulleres vítimas de violencia non só perpetúa a violencia machista senón que é violencia en si mesmo”, sentenciou.

Por todo iso, animou a toda a mocidade e sociedade a asistir ás mobilizacións convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres e o movemento feminista en vilas e cidades de todo o país este 25 de novembro.

Cartas para Pedro Sanchez e Feijoo de Galiza Nova © Miguel Nuñez

Para este acto, Galiza Nova instará na súa campaña a lembrar que a violencia machista “non é só aquela que se manifesta a través das súas expresións máis aparentemente terribles como os feminicidios ou a violencia física”, senón que tamén é aquela de “carácter laboral, familiar ou institucional”.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...