InicioSociedadeDetido un veciño de Vigo por golpear na cara á súa muller...

Detido un veciño de Vigo por golpear na cara á súa muller co mango dun coitelo

Cando os axentes chegaron a casa, a esposa do home estaba tendida no chan e explicoulles que tiveran unha discusión. A muller presentaba signos de hinchazón e arañazos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, A.L.L., de 52 anos e natural de Marrocos, como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras golpear na cara á súa muller co mango dun coitelo.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na noite do martes, cando unha dotación do 092 trasladouse a un domicilio da zona de  O Calvario. Unha persoa denunciou a suposta agresión machista por parte dun home que esgrimía un coitelo.

Unha vez no portal do edificio, os axentes escoitaron berros e, tras subir ao domicilio a fume de carozo, comprobaron que a porta dunha vivenda estaba aberta e observábase, no interior, a un home cun coitelo na man braceando. Os policías instaron o home, que non deixaba de increparlles e mostrábase moi alterado, a soltar a arma, algo que finalmente fixo a pesar de mostrarse remiso inicialmente.

Os axentes entraron na vivenda e observaron que unha muller se atopaba tendida no chan, atendida por unha moza nova, polo que solicitaron asistencia médica urxente. A muller que estaba no chan, tamén natural de Marrocos, resultou ser a esposa do sospeitoso, e explicou aos axentes entre saloucos que tivera unha discusión co seu marido.

No transcurso da rifa, el sacara o coitelo e golpeoulle co mango na cara, na que presentaba arañazos e hinchazón. A moza que a estaba asistindo era a súa filla, que foi testemuña dos feitos e que confirmou aos axentes a versión dada pola súa nai, polo que o home foi detido.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

O PP acusa a Caballero de “engano masivo” por gastar “só o 23%” do orzamento de 2025

O PP de Vigo acusou ao alcalde, Abel Caballero, de "engano masivo" cos orzamentos...