InicioSociedadeProtesta en Vigo para evitar o desafiuzamento dunha parella con dúas fillas...

Protesta en Vigo para evitar o desafiuzamento dunha parella con dúas fillas menores

Unhas 30 persoas concéntranse diante do Concello de Vigo para reclamar "unha vivenda digna para todos"

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unhas 30 persoas concentráronse na mañá deste venres diante das portas do Concello de Vigo para reclamar e “loitar polo dereito a unha vivenda digna para todos”, polo que criticaron que as administracións leven anos “atendendo só aos desexos dos grandes capitais” que, ao seu xuízo, “especulan con necesidades básicas”.

Neste sentido, criticaron que tanto o Concello de Vigo como a Xunta de Galicia só ofrezan como alternativa ao mercado da vivenda “un labirinto de esmolas sociais que deixan na rúa ás persoas“. Entre os asistentes atopábanse o portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez; Carlota Pérez, da Plataforma Antidesahucios de Vigo, así como a presidenta da Federación de Asociacións Veciñais de Vigo ‘Eduardo Chao’, María Pérez, entre outros.

Así, un dos responsables da Oficina de Dereiros Sociais de Coia-Vigo (convocante da concentración), Diego Lores, relatou a situación dunha parella viguesa con dúas fillas menores á cal a van a desaloxar do piso que tiñan en aluguer debido a non poder pagalo porque subsisten cunha Renda de Inclusión Social de Galicia (Risga).

Segundo informou Lores, “ningunha das administracións ofreceulles unha vivenda alternativa” e só “esmolas” unha vez consigan alugar outro piso. “Queren que pensemos que os nosos problemas son os metros de altura dunha nora, o número de luces de Nadal que van pór nas rúas da cidade ou cantos postos vai ter a feira de Nadal. Pero os problemas que padecemos a maioría pasan por malvivir sen ter cubertas as necesidades básicas“, relata o manifesto da concentración deste venres.

ÚLTIMAS

Piden 13 anos para un adestrador por supostos abusos a unha xogadora menor de idade en Vigo

Un adestrador de fútbol feminino enfróntase a penas que suman 13 anos de prisión, como...

Caballero denuncia a discriminación da Xunta a Vigo mentres “quere que quedemos calados”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, respondeu este mércores á "man tendida" e á...

Multa de 100 millons a Stellantis polo fraude no cártel de reciclaxe

Volkswagen, Stellantis e outros fabricantes de coches foron multados con 458 millóns de euros...

Petición de catro anos de cárcere para unha muller por ameazar cunha pistola a un coñecido en Vigo

A Fiscalía pide 4 anos e 1 mes de prisión para unha muller acusada...