InicioCulturaO director ruso Michail Jurowski colle a batuta da Real Filharmonía de...

O director ruso Michail Jurowski colle a batuta da Real Filharmonía de Galicia en Vigo

Os concertos serán en Afundación de Vigo e o Auditorio de Galicia de Compostela.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O director ruso Michail Jurowski levará esta semana a batuta da Real Filharmonía de Galicia nos seus dous concertos, que terán lugar este mércores 30 en Vigo, ás 20,00 horas; e o do xoves 31 en Santiago de Compostela.

‘Brahms siempre’ é o título do programa, que renderá homenaxe ao compositor romántico alemán Johannes Brahms. Así, os concertos comezarán coa interpretación do ‘Concerto para violín en Re maior’, que interpretará a violinista Ellino D’Melon.

Os concertos, que serán en Afundación de Vigo e o Auditorio de Galicia, concluirán coa Sinfonía nº1 de Brahms, á que o compositor dedicou case dúas décadas e que recolle notables influencias da Novena de Beethoven.

ÚLTIMAS

Caballero saca peito e di que Vigo é un “modelo turístico en España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou que a cidade "continúe sendo un modelo turístico...

O BNG de Vigo pide limitar o uso de petardos no Fin de Ano polos “prexuízos” a animais e persoas maiores

O BNG de Vigo demandou ao goberno local que emita un bando para limitar...

Auxilian en Vigo a un home de 50 anos que entrou en parada cardiorespiratoria en plena rúa, resultando falecido

Os profesionais de emerxencias auxiliaron na tarde deste xoves en Vigo a un home duns...

Comisan en Ecuador máis dunha tonelada de cocaína que tiña como destino o porto de Vigo

A Policía Nacional de Ecuador comisou, en Guayaquil, máis dunha tonelada de cocaína nun colector que...