InicioEconomíaCaballero atribúe o pago de entregas a conta á súa xestión "tranquila...

Caballero atribúe o pago de entregas a conta á súa xestión “tranquila e discreta” desde a FEMP

Confirma que Vigo recibirá 4,1 millóns.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, atribuíu o pago das entregas a conta a Deputacións e entidades locais á súa xestión como presidente da entidade municipalista, tras “dúas entrevistas coa ministra e unha charla co presidente do Goberno”.

Así o trasladou nunha rolda de prensa no Concello de Vigo, na que contrapuxo esa xestión, feita “con discreción e tranquilidade”, coa “lea que montou Feijóo” ao reclamar eses pagos.

Abel Caballero insistiu en que o presidente a Xunta “montou lea” para “conseguir o mesmo que a FEMP conseguiu desde o diálogo” e subliñou que, con “dúas entrevistas coa ministra e unha charla co presidente do Goberno”, logrou o pago desas entregas a conta.

O rexedor olívico tamén informou de que o Concello de Vigo recibirá 4,1 millóns por esas entregas (que totalizan uns 826 millóns de euros para Deputacións e entidades locais), que se suman á asignación que o Goberno xa lle fai á cidade.

“Eu xa sabía que isto ía pasar”, proclamou Caballero, quen vinculou as críticas de Feijóo aos problemas financeiros do goberno galego, que ten “unhas pésimas finanzas”. “Se non lles fan as entregas a conta, teñen un grave problema na Xunta”, engadiu, e lembrou que, por contra, o consistorio vigués está saneado e pode asumir “sen pestañear” esas decisións.

Por outra banda, o alcalde confirmou que, no próximo orzamento municipal, se consignarán partidas por valor de 43 millóns de euros destinadas a investimentos (un 43 por cento máis que no actual exercicio) e, entre os proxectos que destacou, están as humanizacións das rúas Taboada Leal e Hispanidade, os accesos á estación do AVE, a construción dun centro social ou a reforma de Porta do Sol.

ÚLTIMAS

Nin a choiva nin os fallos técnicos puideron vencer a un Caballero que volveu acender o Nadal “no mundo enteiro”

A choiva caía con forza sobre Vigo, unha desas treboadas que semellan querer adiar...

Protesta en Vigo pola supresión do AVE en Sanabria: “Non o imos aceptar”

Medio centenar de veciños de Sanabria (Zamora) concentráronse este sábado en Vigo para protestar...

A Xunta urxe a Caballero a abordar as válvulas danadas da presa de Eiras

A Xunta de Galicia reiterou ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a urxencia de...

Detidos dous veciños de Salamanca por estafa en compras ‘online’

O equipo de investigación tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Garda Civil...