InicioEconomíaA CIG pide intervir no próximo pleno do Concello ante a "situación...

A CIG pide intervir no próximo pleno do Concello ante a “situación grave de crise industrial”

O sindicato nacionalista demandou, ademais, a convocatoria "extraordinaria e urxente" do Consello Económico e Social da cidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

No marco da campaña iniciada baixo a lema ‘SOS Vigo: Polo futuro industrial da comarca, emprego digno e servizos públicos’, a Confederación Intersindical Galega (CIG) solicitou formalmente intervir no próximo pleno do Concello de Vigo “para abordar a grave situación que atravesan a industria e os servizos públicos na cidade e na comarca”.

No escrito, dirixido ao alcalde, Abel Caballero, o secretario comarcal da CIG, Alberto Gonçalves, alerta da situación “límite” que atravesa a construción naval ante o “inminente” peche de Vulcano e as “dificultades” de Barreras, así como do “impacto” que ambos os casos están a ter na industria auxiliar.

Gonçalves tamén denuncia no mesmo documento, segundo recolle a CIG nun comunicado, o “impacto negativo” que, ao seu xuízo, as “políticas de recorte” aplicadas polo PP nos servizos públicos están a ter para os traballadores.

Desta maneira, o sindicato nacionalista demandou, ademais, a convocatoria “extraordinaria e urxente” do Consello Económico e Social da cidade, “tal e como se fixo en 2011 ante as dificultades que atravesa o naval”.

“Cando está en xogo o futuro industrial de Vigo e a súa comarca, as institucións non poden mirar para outro lado. É o momento de tomar medidas e de tomalas xa”, reivindicou o secretario comarcal da asociación sindical.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Suspendido o transporte de ría en Vigo polas malas condicións meteorolóxicas

As navieras que operan as liñas de transporte na ría de Vigo, entre o...

Grandes colas na entrada e saída de Vigo tras varios accidentes

Varios accidentes de tráfico á primeira hora da mañá na AP-9V en sentido saída...