InicioSucesosDetido un home en Vigo por un presunto delito de violencia de...

Detido un home en Vigo por un presunto delito de violencia de xénero

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ás 10:30 horas do día de onte, unha patrulla desta Policía Local comisionada pola Central de Información e Mando dirixiuse á rúa Ecuador de Vigo onde ao parecer estábase producindo un episodio de violencia de xénero.

Os axentes entrevistáronse no lugar coa persoa que requirira o servizo, a cal manifestou que puido ver como un mozo intentaba meter á forza nun portal a unha muller, á vez que discutían de forma moi acalorada.

A continuación os policías falaron coa parella que protagonizara o episodio, manifestando a muller que pouco antes cando se atopaban no seu domicilio, desencadeouse unha forte discusión coa súa parella, sendo o detonante da mesma, unha canción que ela estaba escoitando no móbil e que  el como non lle gustaba, polo que apagou o dispositivo.

Tras iso e nun momento dado, suxeitouna dos brazos tapándolle a boca coa man, polo que
ela defendeuse cun mordisco para que a soltase, debido a que noutras ocasións lesionouna, segundo manifestou á Policia Local de Vigo.

Seguidamente saíu da vivenda á carreira por medo, ata chegar á vía pública, sendo seguida pola súa parella e ao darlle alcance comezaron nuevamente a discusión, ata que unha cidadá, propietaria dun establecemento ofreceulle entrar no mesmo.

Engadiu ademais que en ocasións tiveron fortes discusións en presenza dun fillo menor que
ten a muller e que o neno chegou a interpoñerse entre eles para defender á súa nai.
A versión ofrecida por el coincidiu coa da súa compañeira, motivo todo iso polo que
procederon á detención deste home, de 19 anos de idade, nado en Cangas  e domiciliado en Vigo, por presunto delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...