InicioSociedadeGonzalo Caballero chama a Xunta a garantir a calidade e as condicións...

Gonzalo Caballero chama a Xunta a garantir a calidade e as condicións laborais en Povisa

O Grupo Común da Esquerda reclama que sexa a Xunta a que "se faga cargo" do hospital.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, instou ao Goberno galego a garantir a “máxima calidade asistencial” e as condicións laborais dos traballadores de Povisa ante unha venda do centro a Ribeira Saúde.

En declaracións aos medios durante unha visita a Conxemar, Gonzalo Caballero mostrou a súa preocupación pola situación da sanidade pública na área sanitaria de Vigo, zona na que cre que hai “un déficit” de aposta polo público.

Neste sentido, o líder dos socialistas galegos considerou que, “ante calquera movemento” que haxa nos hospitais privados que teñen concertos coa sanidade pública, débense buscar “mecanismos” que garantan a prioridade no público, a calidade asistencial e o respecto ás condicións laborais dos traballadores.

“É un reto para toda a área metropolitana e témoslle que dicir a Feijóo que, despois do abandono que fixo da sanidade pública en Vigo, non pode permitir unha deriva que poida pór en risco nin as condicións de traballo do persoal de Povisa nin a máxima calidade asistencial”, manifestou.

Por último, destacou a intención dos socialistas galegos de insistir na “defensa” do público para “paliar o grave problema das listas de espera que hai na área metropolitana de Vigo, que son as máis altas de toda Galicia”.

COMÚN DA ESQUERDA

Por outra banda, a deputada do Grupo Común da Esquerda Eva Solla reclamou este mércores que sexa a Xunta a que “se faga cargo” do hospital vigués Povisa, inmerso nun proceso de venda ao grupo Ribeira Saúde (controlado pola americana Centene), para “garantir o emprego e que a atención sanitaria sexa pública”.

Así o trasladou este mércores, tras manter unha reunión co comité de empresa de Povisa, á que asistiron tamén o deputado Marcos Cal e o concelleiro vigués Rubén Pérez.

“O señor Feijóo está a xogar co diñeiro dos galegos, regala diñeiro público ás empresas, vende aos traballadores e vende a asistencia sanitaria de 140.000 persoas que non poden decidir se queren que a súa asistencia se dea a través dunha multinacional, que desde logo debería estar lonxe da atención sanitaria”, esgrimiu Solla.

Neste escenario, reivindicou que a Xunta “se faga cargo da empresa polo método menos gravoso para as arcas públicas”. “Se o valor que van pagar é de 22 millóns, obviamente as arcas públicas poden facerse cargo e garantir o emprego e a asistencia sanitaria”, interpretou.

ÚLTIMAS

Caballero: “A sanidade de Vigo vive a situación máis calamitosa da historia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu denunciar este martes a "situación calamitosa" da...

O BNG de Vigo denuncia unha “crise de emprego” na cidade e lamenta a ausencia de políticas do goberno local

O BNG de Vigo alertou este martes sobre a "preocupante e insostíbel" realidade do...

A Deputación de Ourense destina 150.000 euros ao proxecto piloto da UVigo vinculado á creación dun ‘hub termal’

A Deputación de Ourense aprobou na xunta de goberno a concesión dunha subvención de...

Ecoloxistas e veciños de Matamá denuncian afeccións á saúde por contaminación das naves de pintura de Stellantis

Representantes da Asociación Veciñal "A Unión" de Matamá, en Vigo, e de Ecoloxistas en...