InicioSociedadeA Xunta pide que "se siga mantendo" o nivel asistencial e o...

A Xunta pide que “se siga mantendo” o nivel asistencial e o emprego en Povisa “con independencia” do propietario

O Goberno galego lembra que o hospital privado ten un concerto en vigor co Sergas ata 2022.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia esixirá que “se siga mantendo” o nivel asistencial e a calidade contemplada no actual concerto co hospital Povisa, así como os postos de traballo, “con independencia de quen sexa o propietario” do centro sanitario.

Así o trasladou o vicepresidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, quen lembrou que Povisa ten un concerto en vigor co Sergas (ata 2022), en virtude do cal atende a unha importante poboación do sur de Galicia (uns 135.000 pacientes).

“A Xunta o que vai esixir é que o nivel asistencial que se presta, que é o adecuado, se siga mantendo, con independencia de quen sexa o propietario. Que o concerto siga tendo a mesma calidade, e se se mantén así, a Xunta non terá nada que dicir“, proclamou Rueda, quen recordou que Povisa é “un hospital privado”.

Así mesmo, o vicepresidente do Executivo autonómico expresou a súa esperanza de que os posibles cambios na propiedade do hospital non afecten nin ao concerto “nin aos postos de traballo”. “Imos reclamar información que garanta que o concerto se siga prestando nas condicións adecuadas, e esperamos que todo isto se teña en conta e que todo discorra con normalidade”, apostilou.

O FUTURO DE POVISA

Povisa, o maior hospital privado de Galicia, admitiu que mantivo “conversas” co Grupo Ribera de Salud (propiedade da aseguradora americana Centene Corporation) para a venda deste centro sanitario, aínda que recalcou que eses contactos aínda “non se concretaron en ningún acordo”, e son conversas “do mesmo” calado que outras, mantidas con outras empresas interesadas na compra do centro hospitalario.

O hospital vigués, do grupo empresarial Nosa Terra XXI, solicitou hai un ano o preconcurso de acredores, ao declarar perdas de 7 millóns de euros (que atribuía ás condicións do concerto co Sergas). Esa situación salvouse ”tras un acordo con Sanidade, que aceptou pagar gastos farmacéuticos que ata entón non asumía, ademais de recoñecer unha serie de débedas, a cambio de pagar menos por cada paciente atendido no marco do concerto.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...