InicioSucesosIngresadas en Fátima dúas mulleres intoxicadas por inhalación de fume nun incendio

Ingresadas en Fátima dúas mulleres intoxicadas por inhalación de fume nun incendio

Foi un operario do servizo de limpeza quen alertou da situación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas veciñas de Vigo, irmás e naturais de Paraguai, M.L.S.P. e L.S.P., foron trasladas a un hospital da cidade por intoxicación debida á inhalación de fume dun incendio que se declarou no baixo do edificio onde viven. Segundo informaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar na madrugada deste mércores, cando un operario do servizo de limpeza alertou á Policía sobre a presenza dunha muller asomada pola reixa dunha xanela no baixo dun edificio no centro da cidade.

Ata o lugar desprazáronse dotacións do 092, que observaron como saía fume do baixo do inmoble e, con axuda dunha mangueira dos operarios de limpeza, conseguiron apagar as chamas.

Con todo, debido á gran cantidade de fume, non se puido acceder á vivenda ata que chegaron os bombeiros. Os efectivos de extinción puideron entrar no domicilio tras romper a porta e sacar ás dúas mulleres, que foron trasladadas ao hospital Vithas Nosa Señora de Fátimas, con síntomas de intoxicación por inhalación de fume.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...