InicioPolíticaAbel Caballero esixe á Xunta que reforme e amplíe o proxecto do...

Abel Caballero esixe á Xunta que reforme e amplíe o proxecto do “minicentro de saúde” de Bouzas

Critica o "cinismo" do Goberno galego por presentar este proxecto, "once anos tarde" e coa metade de dimensión que o inicialmente previsto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, esixiu este venres á Xunta de Galicia que reforme o proxecto do “minicentro de saúde” de Bouzas, presentado nas últimas horas polo conselleiro Vázquez Almuíña aos veciños, e que retome o deseño inicial, de maiores dimensións.

O rexedor olívico criticou o “cinismo” do Goberno galego por presentar este proxecto, “once anos tarde” (o Concello cedeu o chan en 2008), e coa metade de dimensión que o inicialmente previsto.

Por iso Caballero reclamou á Xunta que abandone a súa pretensión de facer un centro de saúde con 6 médicos e sen pediatra, e recupere a idea “do goberno de Touriño” dun centro de saúde con 12 médicos, un pediatra e unha traballadora social.

O alcalde advertiu de que, se se constrúen as instalacións tal e como foron presentadas, “a metade da poboación de Bouzas” verase obrigada a seguir noutro ambulatorio, “a catro quilómetros da súa casa”.

Pola súa banda, fontes da Xunta insistiron en que o proxecto que reclama Caballero é “inviable”, xa que as dimensións previstas non se adaptaban ao PEPRI, tal e como advertiu Patrimonio, e reiteraron que o centro de saúde proxectado se axusta á poboación que vai atender.

CRÍTICAS A FEIJÓO

Por outra banda, Abel Caballero respondeu ás críticas de Feijóo sobre a ausencia de representantes da Xunta nas últimas visitas de ministros do Goberno en funcións a Galicia.

Así, o alcalde olívico ironizou co feito de que “Feijóo esixe que os ministros lle avisen” das visitas. “Será polo que el me avisa a min, ao alcalde da cidade máis importante de Galicia”, proclamou.

A ese respecto, denunciou que o goberno vigués non foi convidado a actos como a presentación da Cidade da Xustiza ou a presentación do centro de saúde de Bouzas; ou que o presidente da Xunta “se presentou sen avisar” na procesión do Cristo da Vitoria.

“O que leva dez anos faltando ao respecto institucional esixe ao Goberno o que el non fai (…) Como pode recriminar a outros o que el leva dez anos facendo?”, preguntou Abel Caballero.

ÚLTIMAS

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...

A Xustiza de Vigo rexeita ampliar o permiso de paternidade a 22 semanas como o das nais

O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo desestimou a demanda interposta por un...

A Axencia Tributaria desarticula en Vigo e outras cidades unha ‘macrotrama’ que defraudou 300 millóns en IVE

A Axencia Tributaria desmantelou unha das maiores redes de defraudación de IVE no sector...

Falece Gonzalo Caballero Álvarez, irmán do alcalde de Vigo e pai do exlíder do PSdeG e

Gonzalo Caballero Álvarez, pai do exsecretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero Míguez e irmán...