InicioVigo e contornaVigoGonzalo Caballero pide a Feijóo "que se tranquilice" tras a súa reunión...

Gonzalo Caballero pide a Feijóo “que se tranquilice” tras a súa reunión con Pedro Duque

O líder do PSdeG advirte de que "se acabou o tempo" en que o presidente era "o único protagonista"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, atribuíu as críticas de cargos da Xunta pola ausencia de representantes do goberno galego nas visitas dos ministros en funcións Reyes Maroto e Pedro Duque ao “nerviosismo” de Alberto Núñez Feijóo e á súa “preocupación” tras “perder” o PP as eleccións xerais, as europeas e as municipais.

En declaracións aos medios tras manter en Vigo un encontro co ministro en funcións de Ciencia, Innovación e Universidades, Gonzalo Caballero sinalou que o Goberno de España mantén a súa axenda institucional “con total normalidade”. “Nós respectamos totalmente o traballo do presidente da Xunta nas súas competencias. Que el goberne para os galegos, como está a gobernar o PSOE no conxunto de España”, engadiu.

Segundo o líder dos socialistas galegos, “o problema é que Feijóo está moi preocupado, porque en Galicia perdeu tres veces as eleccións”. “Durante un tempo cría que era o único que repartía o xogo, que decidía o que quería, e falaba con deslealdade institucional en cada lugar de Galicia”, proclamou.

Gonzalo Caballero constatou que agora “é un tempo distinto”, polo que instou a Feijóo, a quen ve “nervioso”, a “que se tranquilice” e tente gobernar “con lealdade institucional“. Así mesmo, pediulle “que se adoite a que Galicia e a Xunta non son propiedade do PP, e que ten que respectar os espazos de autonomía das distintas institucións e forzas políticas”.

“Acabouse o tempo en que Feijóo lle dicía aos galegos quen se podía reunir con quen, o tempo en que el era o único protagonista da vida política. Que sexa responsable, que deixe de amagar e se non quere pactos con Vox, que diga aos deputados do PP que posibiliten a investidura de Sánchez”, sentenciou.

CRÍTICAS POR FALTA DE INVESTIMENTO

Gonzalo Caballero fixo estas declaracións tras reunirse con Pedro Duque, do que eloxiou o seu traballo á fronte da área de Ciencia, Innovación e Universidades, e lamentou que, por contra, en Galicia, o investimento nestas áreas decreceu e levou a esta comunidade ao posto 190 das 238 rexións auditadas pola Comisión Europea.

Segundo subliñou, a comunidade galega ten “un reto que cubrir” nestas materias, porque a Xunta presuposta actualmente menos para universidades ou para I+D+i que cando Feijóo chegou ao goberno autonómico.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- Non hai tempo para reformas mornas

Óscar Lomba Álvarez O mundo está a arder, e non é só a calor do...

Desaloxan a Cidade da Xustiza de Vigo tras saltar a alarma por unha persoa fumando nos baños

A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios por unha...

Vigo “mostrou a súa forza” no concerto reivindicativo do AVE directo a Madrid, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballlero, asegurou este mércores que a cidade "mostrou a...

O TS confirma a sentenza contra Stellantis que recoñece o dereito dunha traballadora á conciliación

O Tribunal Supremo confirmou a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...