InicioVal MiñorBaionaA Asociación de Médicos Galegos homenaxea a profesionais sanitarios de Baiona, entre...

A Asociación de Médicos Galegos homenaxea a profesionais sanitarios de Baiona, entre os que se atopa o conselleiro de Sanidade

Jesús Vázquez Almuiña é "recoñecido polo seu exemplar labor na atención sanitaria da área de Baiona, a promoción do decálogo da Dieta Atlántica e o seu compromiso permanente coa sanidade galega", destaca a entidade organizadora.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Profesionais sanitarios do municipio de Baiona recibirán este xoves, 8 de agosto, unha homenaxe tras a tradicional comida de verán da Asociación de Médicos Galegos (Asomega).
Segundo informou Asomega, entre os homenaxeados atópase o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, “recoñecido polo seu exemplar labor na atención sanitaria da área de Baiona, a promoción do decálogo da Dieta Atlántica e o seu compromiso permanente coa sanidade galega”, destacou a entidade.

Ademais, sinalou a organización, o evento contará coa presenza do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Anxo Santalices Vieira; así como do alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado; o director xeral do Grupo Coren, Emilio Rial; e o presidente de Asomega, Xullo Ancochea Bermúdez, entre outras personalidades. A homenaxe está prevista a partir das 16,30 horas deste xoves no Restaurante Rocamar, en Baiona, onde, previamente, ás 14,30 horas, terá lugar a comida de verán de Asomega.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...